A concellería liderada pola edil Carolina Laya, organiza a V edición
dunhas xornadas que pretenden fomentar a cultura do emprendemento empresarial.
Será o vindeiro día 14 de Novembro no auditorio da Xuventude, de 10 a 13 horas.
Dentro das mesmas haberá charlas e unha mesa redonda, co obxectivo de
deixar claras aos asistentes as claves para poñer en marcha un negocio.
A parte máis técnica virá a cargo de representantes de Abanca coa presentación dos
microcréditos, o Igape que presentará as axudas institucionais e Zona Centro
que falará dende o punto de vista das novas tecnoloxías e as vantaxes do
asociacionismo.
Os emprendedores que contarán a súa experiencia serán:
- Ruben
Outeda de Versos de Ruda
- Cristina
García de Algas La Patrona
- Nuria
Daporta do sector da Moda
- Xoel Dios
de Xoia Software Development Augmented Reality & Virtual Reality
Ben seguro que estas persoas exporán, ademais das claves
anteriormente comentadas, os principais problemas que se encontraron á hora de
poñer en marcha a súa idea de negocio.
Contará entre o público asistente con alumnos dos ciclos formativos do
Asorey e do obradoiro de emprego Cambados Emprendedor.
Esta actividade organizada dende a área de promoción económica do Concello de
Cambados é unha moi boa oportunidade para todos aqueles que queren poñer en
marcha algunha idea de negocio e confrontala con outras que xa están consolidadas
no mercado, ademais de ter acceso a toda a información dos pasos máis importantes a seguir á hora de emprender ou a onde
deben acudir para conseguir máis información de temas concretos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario