EDITORIAL. CANDO TODOS ERAMOS CATÓLICOS
Friedich Nietzche sostiña que "Deus morreu, matámolo entre
todos", mentras que Karl Marx entendía que "a relixión é o opio dos
povos".Entre un e o outro "quen morreu foi Nietzche" dicía até a
saciedade Antonio Liste, Cura párroco de Cambados. Marx segue a vivir coma base
e utopía. Curioso o filósofo leonado que cos seus estudos do Kapital foran os seguidores comunistas os que se
aproximaran aos planteamientos cristianos -animais aparte- mentras Nietzche, que
segue a estar máis vivo ca nunca, influíu retorcidamente interpretado polo
nacionalsocialismo alemán, e de todo o fascio europeio, co seu home novo ao que
non lle adicou ningún dos novos valores a representar polo superhome. En todo
caso, a orixe e baluarte da ética e
moral occidental segue a ser hexemónicamente a do cristianismo. Imos logo á
base que este mes falou o cidadán Bergoglio.
Na nova Encíclica do Papa Francisco "Fratelli Tutti" adicada ao
fundador da orde á que pertence, San Francisco de Asís. Escrebe dun "desexo
mundial de irmamdade" tanto para as organizacións non cristiás, coma para
a diversidade dentro delas, así como para todos os seres humanos, incidindo nos
máis desfavorecidos, como poden ser os vellos, os diferentes e os pobres.
Falando destos últimos, xa me comentaba o finado de Cadarso o da
"Farmasia" que "pobres coma os de antes xa non hai" el, que
presumía dos votos de pobreza "ahí es nada" do que disfrutaba das
riquezas terrenais por riba da media da época.
Val a pena sempre ler as encíclicas papais, como ler de igual maneira o voceiro da UPG "Terra e Tempo", por que no fondo,
son publicacións de máximas aspiración, dos
elevados ideais dos consumidores destes, resumos cheos de boa intencionalidade,
vieiros de conducta exemplar.
Lembro ao meu gurú, D. Xosé Manuel Beiras, como repitía até a saciedade, dentro
dos novos valores da esquerda, un vello, a fraternidade, alicerce do que se ía construír,
daquela ANOVA.
Estiven na asemblea constituínte desta nova andaina nacional de irmandade. Ao
rematar, nin se me pasou pola cabeza pedir o carnet de militante. Coido que os
Arcebispos de toda Europa respaldando o
Fratelli tutti tiñan mais a ver coa fraternidade ca nos. Ben é certo que as longas
sotanas xa reservaran a mariscada
posterior, mentras que os constituíntes maiormente en Compostela andiveron a
buscar polo menú do día mais económico e cercano ao Auditorio compostelán.
Ten valor que a esquerda cambadesa no poder municipal veña a xestionar o
Concello dende as posicións mais próximas ao Papa na súa ata agora derradeira
Encíclica que cando gobernaba o Partido Popular. Debeu ser mais da posición de
Benedictus XVI. Xa soio nos quedan os protestantes; iso, é o que lles queda.
MUNDO
O COVID 19 espállase por todo o mundo occidental. Xapón, unha das culturas mais respetuosas cos maiores, está entre os países menos afectados. A dereita confunde en Spaña responsabilidade con sumisión.
En Europa, sexa a cor que sexa, adoptan medidas drásticas para atallar a pandemia. Mesmo Boris Jhonson, o conservador británico, que a priori tomara a medida imitando a Suecia, recuncou rapidamente cando se dispararon os casos. Merkel na Alemaña, conservadora tamén, adoptou medidas similares ás do primeiro ministro da pérfida Albión. O centrista francés, Macron, non se diferencia dos seus homólogos europeios. Soio, na soedade mais absoluta, queda VOX, e Ayuso. Casado aclárate, es como dixeches na moción de censura diferente a VOX ou con Ayuso non hai nada que facer? Se non morrera xente, ata sería pavero.
A GÁNDARA DE PEDRA
Na moción de censura ao goberno de SPAÑA, Casado estivo ben, o PNV, non, porque o parlamento é para eso, parlamentar, seña quen seña o contrario. Sanchez botaba fogos artificiais; "así unha cada trimestre" había pensar el e todo o goberno central.
A pena foi o BNG que, tendo unha intervención á altura do momento, brillante
diría, para o tempo que tiña, esquenceuse dos que loitaron na transición, dando
a entender que só eles foron os únicos na defensa dos dereitos nacionais e
republicanos. Non queren incluir, queren que desaparezas. Non che hai diferenza
entre o PCE-G e a UPG. Non volvo ao Rego, Nestor. "Tu a mí no me
llevas"
NÓSNACIÓN
Feijoo xa vai rematar o problema con ALCOA, se saía reelexido solucionaría o problema. Agora decatouse que non é o seu problema. Non sei se ir á manifa onde se presente Luis Aragunde, ao mellor eso é Galicia, Galicia, Galicia
ISTMO-LOCAL
Aumentan os casos de COVID-19 en Cambados. Parece ser que un dos focos estáse a producir no vello Asilo de Cambados. Pena, por que o impresionante esforzo destas traballadoras a tempo completo que realizan cos nosos maiores, non merecen este pago.
Na rúa Castelao seica hai rumores de "da que safamos, se chega a ser
unha institución pública da Xunta... vés como é mellor o privado!!!
BREVES
1-A nosa Vila de Cambados é unha das dez primeiras en INSTRAGRAM. Isto é
posible grazas a todos os que gobernaron nestes derradeiros cuarenta anos. A
todos, menos aos que non chegaron a gobernar nunca.
2- Cambados non é, a groso modo, un Concello homófobo, nin Jose-Pepe.
3-Falstaf ,a personaxe de Shakespeare, ten un honroso representante na Vila
de Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario