EDITORIAL. EN TEMPOS DE INCERTEZAS.
Estamos a vivir nun tempo onde as decisións dos gobernantes non teñen
suficiente base científica segura para aplicar normas que afectan a moitos
sectores da cidadanía. Así temos o cambio climático, que Europa acepta coma hipótese
de traballo, mentras que a administración Trump rexeita de plano. Temos o COVID19,
que, Suecia optou por unha fórmula de contaxio comunal, ao que Boris Johnson
tentou aplicar a priori, e que logo, decantándose do aumento exponencial da
pandemia na illa, posicionouse por imitar o que se estaba promovendo nos
gobernos do continente maioritariamente, ata o día de hoxe confinando todo o
territorio .
Estabamos tan acostumados a que despois da II guerra mundial, despois de
tentar evitar outra máis, despois de
crear institucións internacionais para crear un marco de entendemento, onde os
datos sexan compartidos e aceptados polas diferentes partes implicadas, para
traballar sobre eles e chegar a un acordo
que agora nos vemos orfos de certezas, todo é cuestionable. As redes
sociais están chea de Trolls, aumentando
a viralidade das fakenews, ata tal punto que nunca houbo tanto
terraplanista, nunca que as civilizacións humanas do pasado fora fundamental a
inxerencia de OVNIS na súa nacencia e desenvolvemento. Nunca.
Ben é certo ,dende que existo, houbo revistas, libros, vídeos documentais
que tentaban acreditar estas afirmación. Só era para consumidores xa
convencidos das teorías da conspiración. Soio un exemplo: hai quen sostén que
os Estadounidenses non chegaron á lúa! se as gravacións do alunizaxe son de
estudo en Hollywood, se... pero que carallo de argumentos son esos? cando unha
simple pregunta que un se faga responde a todo, que dixo a URSS, o seu máximo
competidor? nada. Logo quen cala, otorga.
Pois esto mesmo pasoume cun terraplanista e a resposta foi "están
todos os países do mundo compinchados". Ala, agora paga unha educación
pública e gratuíta.
No hai certeza de nada, e así nada se pode construir. Nin un goberno en
Cambados por moito que se diga.
MUNDO
Pór o carro diante dos bois. Donald Trump comenza a falar de Victoria cando
non se rematou o reconto dos votos. Está a facer o que antes, pouco antes, tentara
con éxito Bush fillo, confundir. Twitter xa borrou o chío deste verdadeiro
xerador de fakemews e, como Bush que gañou con trampa, só nos esperan uns días
de incertidume. Pensade que comentaría se o Presidente fora Biden e o candidato
el. Precisan unha reforma eleitoral xa.
Aquí Luis Aragunde quere que goberne a lista mais votada. E se a oposición ten mais votos? Quen é mais fraudulento?
ISTMO-LOCAL
Hai mar de fondo en Cambados. As redes arden 🔥 por que Fátima Abal, estando de baixa, non pode atender todo o que quixera
o Concello, e o grupo de goberno, coa COVID, non pode facer máis, xa que teñen
que vivir dos seus soldos. Éche ben pavero que quen viña á política a non
perder cartos, seña o que impide calquera situación de emerxencia coma a que
estamos a pasar. Ou nós, perdendo votos e pedindo o mesmo para entrar no
goberno hai dous anos, ou ninguén. Que goberne o PP, que estos de Somos
desaparecerán e a Alcaldesa non vale. Tampouco valía Ronald Reagan por que era
actor e demostrou unha capacidade cando o tratado co presidente ruso Gorbachof
deixando pasmados aos analistas políticos progresistas occidentais. Claro
que se pensa sempre dende a esquerda que o opositor é parvo, e parvo é quen
botou 28 anos na oposición.
A GÁNDARA DE PEDRA.
Hai un pufo a querer reorganizar o Estado centralizándoo todo, encabezado
polo socialista da presidencia de Castilla la Mancha, e o grupo parlamentar de
VOX, que mete medo. O que hai é que desentrañar son as causas do dislate do
Estado das autonomías. Que se aclaren, ou imos a un Estado federal real ou Portugal que nos anexióne a todos e
acabouse o problema español.
BREVES
1- 1973.-Oes pá, Espanha é mais merda que Portugal!!!
-Non me rompas a cabesa “portughés”, por que dis eso?
-Por que é muito mais grande!!
2-Xa temos o camiño do muiño da seca arranxado. Agora a por unha papeleira
en mal estado. Todo fai falla.
3-Cambados Pode, xa pode
Ningún comentario:
Publicar un comentario