Lonxe de ser un fin de semana tranquilo na política cambadesa, máis alá da pandemia, esta fin de semana estivo cheo de novas que axitaron o avespeiro local, e é que o Faro de Vigo facíase eco dos salarios dos deputados do Salnés no parlamento galego.
Non tardaron os simpatizantes do PSOE cambadés e os de Somos Cambados en poñer os seus ollos na cantidade que atesoura na súa conta corrente a deputada do BNG e líder local, aínda que na sombra, Montse Prado. Tras 15 anos na política profesional e percibindo un salario que triplica ao que tería no seu posto como persoal administrativo do SERGAS, acumula un patrimonio familiar que se atopa preto dos 250.000 €.
O porqué de poñer os ollos no patrimonio da líder local do BNG ven pola táctica que desenvolve o Bloque no consistorio Cambadés onde lle deu o bastón de mando e un salario a Fátima Abal, o salario a modo de “favor” da man do PP de Luis Aragunde, pero logo non permite que o goberno local poida dispoñer de liberacións para que o resto de concelleiros ofrezan os servizos necesarios na casa de tódolos cambadeses. Faino ademais, sen ofrecer ningunha alternativa e sen solicitar en ningún momento formar parte do goberno para desbloquear a situación e incluso deslizando Caamaño no último pleno que de chegar a unha posible negociación para a súa entrada no goberno, nunca se produciría entre Goberno de Cambados e BNG, senón que as negociacións serían por separado con PSOE por un lado e Somos polo outro, deixando así claro que a única estratexia que seguen e seguiran os nacionalistas será a de desgaste da coalición que dirixe a nosa vila.
Curiosa esta táctica dos nacionalistas e a que se encarga de poñerlle cara
Caamaño, un político que puxo por diante de calquera pacto de goberno que lle
aseguraran o seu salario de profesor íntegro, nas negociacións do mandato
iniciado en 2015.
En contra dos comentarios dalgúns simpatizantes do bng, se non están no
goberno é porque non quixeron, xa que rechazaron seguir coas mesmas áreas de
goberno que tiñan no mandato iniciado en 2015, a pesar de que nas eleccións de
2019 o bng foi a única das 4 forzas que compoñían o goberno municipal que
perdeu votos e concelleiros.
Mentres tanto as concelleiras e concelleiros do PSOE e de Somos continúan a
gobernar un concello con un presuposto anual de 10 millóns de Euros en plena Pandemia da Covid, sacando tempo de onde poden e intentando
darlle o mellor servizo posible aos cidadáns mentres capean as críticas da
oposición e todo isto sen percibir nin un céntimo polo seu traballo, unha situación
que xa vai camiño de dous anos e que non parece ter un final certo. A suma de
todas estas situacións fai que hoxe por hoxe gobernar en Cambados sexa un
castigo demasiado grande para os concelleiros, castigo que está a ser inflixido
polos que din atesourar os tarro das esencias da esquerda nacionalista no noso
país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario