WE ARE THE PEOPLE
Nós somos o povo. Así escomenza unha das constitucións mais antigas vixente
hoxe en día, a dos Estados Unidos da América. Foi proclamada pola elite
burguesa e intelectual dunha nación que acababa de se independizar da metrópole
londinense, por certo con axuda do exército de El Rei Carlos III.
Nós somos o povo, irrumpiu na escea occidental coma unha labazada aos reximes
absolutistas que gobernaban a Europa colonialista. Nos somos o povo, veu
representar a chegada ao poder dun novo segmento da sociedade, a burguesía, con
novos valores inspirados na Grecia clásica que, como ela, baseábase no reparto
do poder, o dereito ao voto como lexítimo emanado de si mesmo,e como
impedimento a formas dictatoriais e oligarquías totalitarias que poderían
crearse dentro da nova nación.
Nós somos o povo foi avanzado para a súa época, mais gozando de boa saúde, eivaba
de dolencias de orixe que o tempo foi pondo na realidade social ao pasar do
tempo. Os afroamericanos eran cidadáns de segunda, as mulleres carecían do
dereito ao voto, os dereitos civís estaban sen desentrañar e nunha nación que
índa non era a primeira potencia mundial.
Veu a hexemonía estadounidense, pasando a ser mais perigosa do que o era
inicialmente. Pasou a seren o novo imperio romano loitando contra o fascismo no
campo de batalla, e contra o comunismo, unha vez que deixou de seren aliados, para
combatilo dentro e fora das súas
fronteiras. Naceu a nova era da invasión dos países sen chegar tan sequera a
facerlles falla tocar o seu territorio .
Mais o que vos estou a contar, xa o sabiades, estades de volta e media, se
non tal cual o conto eu, parecido.
Pero logo a que ven esto? Pois mira ti por onde, a Gamonal, a Barcelona, e
a todo o territorio que aprobou unha Constitución no ano 1978 e que agora pasa
por momentos críticos, desnortada e
cunha moción de censura fracasada, pero non tanto.
A moción de censura do novo fascismo de luva branca que representan Abascal e compañía non ía
dirixida ao goberno de Sánchez, que tamén, senón a posicionarse como
alternativa real de goberno se as cousas seguen a vir mal dadas, tanto na
economía, coma na pandemia que estamos a padecer. Eles, o novo fascio, xa case
non se ocultan, defenden a dictadura de Franco, atacan os valores democráticos
conqueridos durante estos últimos cuarenta anos utilizándoos para o seu
propósito coma fixera Hitler na República de Weigmar no período de
entreguerras.
Se as motivacións da moción de censura van a mais, eles gañan, si gañan.
Hitler non lle dixo ao povo alemán que ía exterminar ao xudeos, soio os acusou,
nen tan sequer lles animou a unha guerra, senon que ocultou as súas intencións
creando non só en territorio alemán, tamén no plano internacional, a crenza das
bondades nazis cunha olimpíada en Berlín dando tregua ao que logo fixo.
É de manual de como o fascismo
funciona.
Agora non enganan a ninguén. Ou si, basta que a nova burguesía transnacional se vexa ameazada para
que todo volte ao inicio do ano 39. A historia nunca se repite de igual
maneira, mais o tecido co que se crea, pode ser ben parello.
E xa estou a escoitar aos conservadores lectores preguntarse, que dis da
esquerda? non falas de PODEMOS ou doutros? pois aquí estamos, espero que moito
mais maduros que en períodos pasados, moito mais sabidos, e espero que sabios, aprendendo
dos erros pasados. -Xa, daslle á esquerda o que lle negas á dereita!-dirán uns.
-Existe Venezuela e Cuba- argumentarán outros. Parten dunha falacia, dunha
grande falacia intencionada. Tanto PODEMOS, como a grande parte da esquerda
representada nas Cortes do Estado, veñen de realidades coñecidas por todos nós.
Veñen dunha tradición democrática de defensa dos valores republicanos ou non, comparables
mesmo aos dos Estados Unidos, os seus referentes son occidentais, coma por
exemplo Chomski, non de Maduros, as conviccións mais profundas baséanse no
entendemento da negociación entre iguais sendo diferentes, na cultura destos
derradeiros anos despois da segunda guerra mundial.Non hai outra cousa, por que
mesmo a única excepción que existeu a esto BILDU, renunciou ás armas, por moito
que algúns lles interesase o seu rexurdimento. Claro que temos o dereito querer
cambiar a Contitución, pero ben sabedes que é imposible se o PP e o PSOE
manteñen a inmensa maioría dos votos.
Non participar no xogo do fascismo, non aceptar a miseria dos asaltos á
propiedades privada coma en Barcelona, non acudir ao Gamonal a medrarlle o
caldo groso aos negacionistas da pandemia, esos que cando especularon co terreo
do barrio xunto co periódico local "El Norte de Castilla" non mataban
nin unha mosca. Non caiamos nos erros pasados. A esquerda ten o deber moral e ético
de defender a verdade e a verdade está do noso lado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario