![]() |
| Carlos Martinez, sentado e Benito González de pe, nunha xuntanza na Confraría. |
Vista a contestación destes dias tanto do patrón maior como do Calbildo da Confraria vexome na obriga de facer as seguintes aclaracións:
1º.- O único que produce crispación e confrontación entres os diversos sectores da Confraria é o Patrón de Maior que pasou de ser un mariñeiro normal a un vulgar “señorito”., subindoselle o cargo a cabeza.
2º.- Preto das dietas dicir que efectivamente aprobaronse no Cabildo, coa anuencia do que suscribe, pero as deitas aprobaronse para cobralas cando un ten que perder de traballar para facer xestións a prol dos mariñeiros, as dietas non se aprobaron para a xente que como Benito Gonzalez que non traballa no mar, e ademais cobra como Presidente da Federación Galega de confrarias 3.000 euros mensuais coche e telefono. Unha das cousas que mais criticou Benito González o anterior patrón maior, que o precedeu no cargo, precisamente era o uso indebido de dietas , tal e como el está facendo na actualidade, realmente o único que mira Benito González e o interés do seu bandullo é notoria a fama de “bo papador” do noso Patrón Maior. Quen nos ia decir os que o apoiamos fai oito anos que ia facer bo o que o antecedeu no cargo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario