14 de xul. de 2011

O MONOLOGUISTA ALEJANDRO GUANELLA HOXE NO PUB PILON

Alejandro Guanella

Hoxe xoves ás 23.00 h. no Pub Pilón de Cambados actuación do monologuista Alejandro Guanella a entrada é gratuíta.
Alejandro subiu por primeira vez a un escenario cando tiña seis anos, con máis de cincuenta, segue sentindo a mesma paixón e o mesmo medo que cando vai cruzar a barreira bambalinas/escena. Hoxe segue tendo as mesmas ganas de loitar, de investigar, de ensinar e sobre todo de pasalo ben, nesta tan dura e á vez tan marabillosa “vida do artista”.
A risa, a música, o drama, o conto, a poesía, as fotos, o cine, a radio, o teatro e a TV, son os medios que utiliza para expresar os seus sentimentos. No sitio web http://alejandroguanella.com/ intenta expoñer, un pouco todo iso, e desde logo, compartilo con vos.

Ningún comentario: