14 de xul. de 2011

A CRUZ DE MANOLO PAZ BUSCOUSELLE UNHA UBICACIÓN PROVISIONAL

A cruz de granito da visita papal 'descansa' en San Martín Pinario
A localización definitiva da cruz que o escultor cambadés realizou con motivo da visita a Santiago do Papa Benedito XVI é aínda unha incógnita. Onte mesmo, Manolo Paz sinalou a este xornal que a peza atópase na actualidade " de modo provisional" no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. Paz engadiu que, de momento, a cruz está alí colgada dunha parede pero el mesmo ignora se este vai ser o seu destino definitivo.
Paz apuntou non obstante que á súa entender, se no futuro aparece un lugar mellor, cambiarana pero non estou moi decatado porque, en calquera caso, agora é patrimonio deles", dixo. 

Ningún comentario: