Dentro do 12 aniversario do Rif Rock , Moncho e Javi non deixan de sorprendernos e ainda tiñan unha bala cargada na recámara así o vindeiro 29 de Xullo a esa hora máxica da medianoite concerto de “Los Pies Mojados” (A.K.a. Nestor R. pardo & Los Hermanos Lorre membros de Allnight Workerrs). De seguro que aquí a que remate o verán os rapaces de Rif teranos algunha que outra sorpresa gardada. Por certo os que non o teñades , xa vos queda pouco para ir preparando os bigotes, pois o 7 de agosto, como remate do Albariño ten lugar o III Concurso de bigotes no Rif. Como se fora o “Pobre de mi” nos San fermins, esta festa estase a converter no colofón do Albariño. E que medre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario