24 de xul. de 2011

O CHOLLO DE SER POLITICO DO PP OU DO PSOE. (CORREO ENVIADO POR UN INDIGNADO)

Todos sabemos que ser politico é un chollo no estado español, na nosa nación Galicia ou no noso pobo Cambados. Imos dar unha serie de claves e datos que vos van poñer o pelo de punta.
Ser político é un choio con privilexios ao alcance  deles e os seus herdeiros. Un círculo de ao redor de 80.000  persoas pechado e opaco.
1.- A Alcaldia de Cambados custalle os Cambadeses mais de 12.000 euros o mes, a frioleira de 168.000 € anuais.
2.- O Delegado da xunta José Manuel Cores Touris cobra 74.000 € anuais como exsenador o que hai que engadir uns 6000 euros o mes como Delegado Da Xunta en Pontevedra, o que fai un total de 158.000 euros anuais, esto sen contar os negocios nos que interven  que seguramente supere con moito esta cantidade.
3.- Pero sen dúbida un dos homes mais ricos da provincia de Pontevedra dise que é Rafael Louzán Abal que se lle calculan uns ingresos de 15.000 euros mensuais, se contar por suposto tamén os seus negocios particulares que pode chegar a duplicar esa cantidade mensual. Nmingún destes tres personaxe conta con titulación superior, ¿Cómo coño lle vamos pedir os a xente xoven que estudie?. En todo caso para que se fagan ricos teremoslle que dicir que se afilien o PP. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: