24 de xul. de 2011

OUTRA GRAN CRITICA PARA O LIBRO DE MIGUEL ANXO.

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha xenerosa crítica de LUME DE COBIZA que Miguel Anxo  quere compartir convosco, pois Frank Soutelo nada sería sen os seus lectores.
“Frank Soutelo “sabuxea” en Galicia”
 Enredo, entretemento, lectura fácil, altas doses de imaxinación, suspense, ambientes marxinais, noutras palabras “detectivismo”. Son as coordenadas que marcan o territorio polo que transita unha boa parte do que se publica hoxe en día en Galicia. Lume de cobizade Miguel Anxo Fernández segue eses camiños. Ao escritor e crítico cinematográfico debémoslle a paternidade dese sabuxo, Frank Soutelo que, fillo de pais galegos, pero nacido en Norteamérica, é o heroe ou antiheroe  xa dunha saga de narrativa detectivesca (Un nicho para Marilyn, 2002, Luar no inferno, 2006, Tres disparos e dous friames, 2008) que se desenvolve por terras californianas. Mais, na cuarta entrega da serie, Lume de cobiza, Frank Soutelo amosará a súa experiencia como sabuxo en Galicia. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: