O Clube Voleibol XAV Cambados organiza para o próximo venres 29 de Xullo unha xornada recreativa-deportiva co II Torneo de Volei-Praia a celebrar na praia de San Tomé.
O torneo xogárase no formato 3x3 (tres xogador@s no campo). O equipo poderá ser mixto en idade e sexo.
A competición que comenzará ás dez da mañá, abarcará a xornada matinal e continuará ás cinco da tarde ata o remate de tódolos partidos.
Animamos a comunidade deportiva de Cambados e arredores a participar nesta nova edición do torneo.
Haberá trofeos para os mellores equipos, aínda que gañar neste caso non é o máis importante.
A inscripción é gratuita enviando un correo a xavcambados@gmail.com ou chamando ó teléfono 648 090795.

Ningún comentario:
Publicar un comentario