26 de xul. de 2011

UN 25 DE XULLO ESPERANZADOR

Aqui me tedes posando con
Anasagasti.

Se fose posible introducir o BNG nun tubo de ensaio dun laboratorio, o 25 de xullo sería a data na que habería que somerxer o termómetro para coñecer a súa temperatura exacta. Onte, polo tanto, volveu ser o día para comprobar o estado da musculatura interna da fronte nacionalista e a súa situación mellorou, cando menos a pé de rúa, notablemente a respecto de hai un ano.
Do Salnés foi unha nutrida representación e de Cambados ,como no podia ser menos, tamén,  encabezada polo voceiro municipal Victor Caamaño e acompañado polos outros dous concelleiros Maria Xosé Cacabelos e Xaquin Charlin. Tamén erstiveron entre outros Montse Prado da executiva nacional e Duarte Correa. Espectacular o xantar na carballeira do campus, troula festa, gaitas e diversión, moi bo ambiente. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: