15 de xul. de 2011

O PATRÓN MAIOR BENITO GONZALEZ “CONTRA AS CORDAS”

Benito González entrou cun sourixo no Xulgado e
saieu moi serio e contrariado.

Socios da Confraría pedirán á UE que realice unha investigación “a fondo” sobre o “Tragove”.

A querela interposta polo patrón maior de Cambados a dous socios do Pósito por presuntas calumnias e inxurias, segue adiante, coas dilixencias previas,  onte, el e un representante do estaleiro que construíu a orixe da demanda, o barco “Tragove”, prestaron declaración nos xulgados cambadeses, Recordamos que esta querela naceu a consecuencia de un incidente xurdido nunha reunión da Agrupación de Marisqueo á flote da Confraría con ocasión da apertura do libre marisqueo o paso día 30 de Setembro de 2010, segundo o propio querelante os querelados Carlos Martinez González e Paul Rial Abal pediron a palabra na reunión, acusando ao patrón maior ante os asistentes de que “á embarcación lle había colocado un motor usado” polo que Benito Gonzalez contestoulle que había papeis contestando  os querelados que “os papeis non serven para nada, que se falsifican”.

Ningún comentario: