Esa é a gran pregunta, parece ser que cada ano na época preestival faise unha selección en cada concello da xente que presenta a instancia para acudir os campamentos de verán da deputación de Pontevedra, na Lanzada, alguns pais protestaron no senso de que os seus nenos nunca eran escollidos e habia outros nenos que sempre repetian, e dábase a circunstancia tamén de que os nenos que repetian os seus pais pertencian o partido politico que vos todos sabedes e que non fai falta nomear e que os nenos que non escollian, os seus pais eran de outras opcións politicas, como en Cambados todos nos coñecemos, algúns pais fixeron saltar as alarmas e puxeron os feitos en coñocemento do BNG de Cambados quen presentou no rexistro de entrada do Concello o seguinte escrito dirixo o Alcalde. Esperemos que Aragunde non lle conteste dentro de tres meses como é o normal nel, e agora que anda ocupado en tantas festas, pior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario