O actor e monologuista vilagalrcián e primeiro chalequeiro de Unha Grande chea Carlos Branco, actúa hoxe a partir das 22.30 horas no bar O Museo, no auditorio municipal da Illa.
Para a actuación do humorista xa se venderon as 250 entradas dispoñibles, aínda que aínda quedan sitios para contemplar o monólogo en pé. A entrada custa cinco euros, que irán destinados de xeito íntegro a unha ONG en colaboración con Somalia, a petición do actor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario