13 de ago. de 2011

O LITUANO GERALAVICIUS IMPONSE NA MILLA DO ALBARIÑO


Jose Luis Aragunde

JOSE LUIS ARAGUNDE PRIMEIRO CAMBADÉS CLASIFICADO
O corredor lituano fincado en Pontevedra Robertas Geralavicius proclamouse vencedor da XVII edición da Milla Urbana do Albariño disputada onte no paseo marítimo cambadés cunha participación de 130 corredores. Geralavicius fíxose co triunfo logo dunha emocionante carreira consistente nunha dobre milla (3.620 metros) que se decidiu nun apertado sprint entre o lituano e o lucense Carlos Villamor. De feito, os afeccionados que se deron cita na zona de meta non tiveron claro quen gañara ata que o propio Villamor deu por vencedor a Geralavicius. A poucos segundos de distancia chegou á meta o tamén lucense Gustavo Pratas. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: