Á 1 da mañá, desde o monte Siradella – O Grove (Onde o centro de interpretación da natureza) na noite do venres cara o sábadoo á 1 da mañá... á 1 da mañá!! Mañá venres é a noite de maior esplendor das PERSEIDAS, estrelas fugaces que encandilan as noites do mes de agosto. As perseidas tamén son coñecidas como as bágoas de San Lourenzo... por que? A resposta a esta pregunta e máis información sobre as constelacións este vernes 12 de agosto á 1 da mañá (realmente xa é o sábado) no monte Siradella (Ogrobe) onde o centro de interetación da natureza. Para os amantes da astronomía, e para todos aqueles aos que nos gusta a natureza, a actividade é de balde, apta para tódolos públicos. Só se precisa levar os ollos ben abertos, mirar cara o nordés e para estar cómodos, levar roupa de abrigo. + info: 617.049.623

Ningún comentario:
Publicar un comentario