7 de xan. de 2013

O PP CANDO ESTÁ NA OPOSICIÓN, RECOLLE SINATURAS CONTRA OS SUBIDAS DE IMPOSTOS…

...CANDO ESTÁ NO GOBERNO,  NON FAI MAIS QUE ENCHER O PETO.
O outro día estiven cun amigo de Pontecesures e contoume unha cousa ben curiosa  aló por finais de novembro varios veciños afíns o PP
 recollen sinaturas contra a subida de taxas municipais. O rexistro xeneral do Concello de Pontecesures fixo constar a entrega de mais de 300  sinaturas  de veciños a fíns os populares, un xesto co que pretenden expresar a súa indignación coa medida, xa aprobada o pasado 19 de novembro en pleno, de subir as taxas. 
Angueira e Lores, dous alcaldes exemplares.
Dentro do prazo de exposición pública da modificación destas ordenanzas, os asinantes expresaron o seu malestar e o seu desexo de que todo sexa revogado. Cabe sinalar que os conceptos nos que o goberno encabezado por Manuel Luís Álvarez Angueira ,casualmente do BNG,  pretende aplicar a subida é no referido a gastos de auga, sumidoiros e cemiterio, subidas que apenas supoñían o incremento do IPC, normal por outra banda 
Os veciños, organizados polo PP querían  que estas subidas quedaran sen efecto, facían constar no escrito presentado que "as razóns son que as economías familiares, e as de todo tipo de establecemento comercial, non poden soportar nestes momentos de crises estas subidas en servizos de primeira necesidade. Débense atopar outras solucións de aforro no concello".  
Jacobo Moreira co seu anterior xefe, o imputado Telmo
Martin.
O mesmo ou similar facía o representante do PP de Pontevedra un tal Jacobo Moreiras, que non é capaz de poñer orde no seu grupo e ten que avisar “O padriño”, criticando as subidas do IPC de certos impostos en Pontevedra, por certo casualmente tamén gobernado polo BNG e que non fai mais que amasar premios polo mundo adiante.
E logo estes “carallos” ven a palla no ollo alleo e non ven a viga no propio?, hai concellos como o de Cambados, que algúns impostos  non subiron o IPC, senón algúns chegaron incluso a dobrar o seu valor e outros subiron un 30 ou 40 por cento como o caso do IBI, casos similares pasaron en Vilagarcía, Meis, Ribadumia, ou O Grove. Vos viches a algún protestar, ou pedir sinaturas contra estas subidas. Vos voceedes que algún colectivo protestara en Cambados, verdade que non, todo mundo dou por boas as escandalosas subidas de impostos e coma sempre,  coma moito algún comentario nos bares, pero a hora da verdade , todo  o mete  a lingua naquel sitio. Vivir para ver.

Ningún comentario: