8 de xan. de 2013

O ACTOR CAMBADES MATIAS VARELA NOMEADO OS “GOYA” SUECOS COMO ACTOR PROTAGONISTA.

MATIAS VARELA RESIDE EN SUECIA, DENDE FAI MOITOS ANOS, AINDA QUE NUNCA ESQUECE CAMBADOS
ESTES DIAS ESTÁRA DE VACACIÓNS POLA NOSA VILA.
Matias é un "fanatico" do Albariño
PARTICIPARÁ NA SERIE "LOS BORGIA", ONDE COMPARTIRÁ PLATÓ CON JYROME IRONS.
“Guldbaggen”, así se denominan os premios de cine sueco, algo similar os “Goya”, no estado español.  O  actor cambadés Matias Varela, este é o seu actual nome artístico por consello do seu representante en vez de Matias Padin, ven de ser nomeado como actor principal pola academia sueca de cine ós premios que esta entidade concede anualmente  pola súa actuación na película “Snabba Cask II” (Diñeiro doado II),  película que forma parte dunha triloxía. O tres de xaneiro pasado Matias recibiu a agradábel nova,  da que foi portadora a este blog a súa nai Mari Carmen Varela, que está pasando uns días con nos e moi en breve farao o propio Matias, quen estará en Cambados tamén para pasar uns días de vacacións, mentres as rodaxes llo permiten.  Os Guldbaggen  teñen 54 nomeacións nas súas diversas clases.
Matias no intre en que lle comunican
o a súa nomeación.
Matias xa deixou de ser un actor revelación, para ser un actor con maiúsculas, compite o “Guldbaggen” o mellor actor , con dous actores xa consagrados en Suecia,  Bengt CW Carlsson e Johannes Brost. Matias naceu en Cambados e fala con fluidez español, sueco, inglés, portugués e galego.
Matias este ano , entre outras cousas,   vai  a participar nunha serie televisiva de época denominada “Los Borgia”, unha serie de moito  éxito da cadea Showtimeen para as  televisións americana, canadiana e sueca. Matias vai facer o papel de Fernando II  de Aragón. A serie céntrase na familia Borgia, unha dinastía italiana de orixe aragonés (español) que reside en Roma. O 25 de abril do 2011 a cadea Showtime anunciou que a serie fora renovada para unha segunda tempada, a cal estaría conformada por dez episodios. 
Matias compartir plató con Jyrome Irons
A segunda tempada estreouse o 8 de abril do 2012.. O 4 de maio do 2012 Showtime anunciou que renovara a serie para unha terceira tempada a cal estará conformada por 10 episodios e estrearase no 2013, aquí é onde participa Matias, o lado nada mais e nada menos que do actor congrado internacionalmente Jyrome Irons. 

Ficha técnica de “Snabba Cash II” e resumo da mesma.
- Ano: 2012 
- Xénero: Noir / Thriller 
- País: Suecia 
- Formato: Cor 
- Duración: 99 minutos 
- Título Orixinal: Snabba cash II 
- Dirección: Babak Najafi 
- Produción: Fredrik Wikström 
- Guión: Babak Najafi / Fredrik Wikström / Peter Birro / Maria Karlsson / Jens Lapidus (novela) 
- Fotografía: Aril Wretblad 
- Música: Jon Ekstrand 
- Estreo Mundial: 17-ago-2012 

Sinopses 
A condena non fixo que JW desexe reformarse e volver ser un bo mozo. Todo o contrario, tras esperar pacientemente catro anos, a súa única idea axiña que poña un pe na rúa é poñer en marcha un plan que lle permita conseguir o diñeiro necesario para esbozar un gran golpe. 

Cando xa está próximo a que a súa condena sexa revisada e polo tanto poida conseguir a liberdade condicional, oe noticias que Mrado vai ser trasladado ao seu cárcere. Dado o desenlace da historia entre ambos, témese o peor. Con todo Mrado madurou e non desexa vinganza. Todo o contrario. Ao producirse o encontro con JW, este termina por explicarlle os seus plans e recibe asesoramento de Mrado, quen lle aconsella que vaia directo a por a caixa do perigoso Radovan, o único que lle pode proporcionar unha suma enorme sen que, loxicamente, póidalle reclamar. 

Mentres tanto, á marxe, Jorge Salinas( Matias Varela)  regresou a Estocolmo e tamén ten os seus propios plans.

Matias nunha escena da pelicula.

Cartel da pelicula Snabba Cash II

Co seu gran amigo Edu Chuchunero

Na Leria nun Albariño calquera.


É un actor coma a copa dun pino.



Ningún comentario: