31 de out. de 2013

EXPORTACIÓNS DA D.O. RIAS BAIXAS.

¡¡¡OLLO!!! DENDE O 2008 PECHARON  24 ADEGAS.
É positivo que a D.O. RIAS BAIXAS consiga pouco a pouco
incrementar a súa presencia nos mercados internacionais, é positivo que o albariño sexa recoñecido como un viño branco de excelente calidade,agora ben e necesario que teñamos presente a pura realidade, e seria negativo transmitir sensacións que logo non se corresponde co dia a dia do sector.
E lóxico que si vendemos por primeira vez o viño nun país onde non tiñamos presencia, automaticamente as ventas
aumentan un 100%, ou si a presencia era testemuñal e se consigue vender uns litros , iso aumente de forma importante, agora ben o volume final vai ser quen determine o incremento real das ventas, e dende o 2003 hasta o 2012 o incremento de ventas na D.O. situase entorno o 8,73%, polo tanto o triunfalismo deixémolo para outras ocasións.
O presidente di que" o esforzo realizado polo sector para incrementar a súa presencia nos mercados internacionais
esta sendo positivo". non podía ser menos pero cabe destacar que dende o ano 2008 ata hoxe tiveron que pechar as súas portas 24 adegas, co cal se demostra que o esforzo de acudir os mercados estranxeiros nos esta pasando una importante factura. Dicir que nos últimos anos ese esforzo esta sendo a conta tamén dos viticultores que viron minguar os prezos da uva de forma alarmante hasta niveles de falta de redutibilidade.
Polo tanto esa euforia de ventas debe ser sopesada por un consello regulador que ten uns presupostos anuais de mais de 2.786.800 euros, e deben pois reverter esa sensación de que todo " va bien " o sector produtor, alma deste sector.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA

Ningún comentario: