AMELIA VARELA, FALECE TRAS LOITAR CONTRA UNHA LONGA ENFERMIDADE.
Hoxe o ensino cambadés está de loito, Amelia Varela profesora no E.E.I de A Pastora de
Cambados, deixounos despois de loitar contra unha dura enfermidade. Amelia era unha profesional coma a copa dun pino unha gran muller e unha excelente nai, na Pastora formaron un grupo humano de “profes” e persoal non docente, que durante moitos anos foron estandarte doutros preescolares. Amelia era unha gran defensora do ensino público e nel tamén educou os seis fillos. O seu home Miro Galego tamén é outro gran profesional do ensino público. Tivemos a sorte de ter unha filla no preescolar da Pastora e a experiencia foi marabillosa, e mais diriamos excepcional. Amelia era desas persoas que
vivía intensamente a súa profesión, vivía os seus problemas, vivía os problemas dos nenos e os problemas do centro era unha PROFESORA con maiúsculas. Tivemos a sorte de compartir con ela tamén Consello Escolar no I.E.S. Ramón Cabanillas o que pertencía e implicábase como nai, no funcionamento do Centro. Tamén lembramos a desaparecida banda Unha Grande Chea participando nos magostos do Centro da Pastora coas súas gaitas.

Amelia está no Tanatorio de Cambados e a súa condución será mañá as 4 e media da tarde a Igrexa de Santa Mariña e a continuación recibirá sepultura no Cemiterio parroquial. Sabiamos que a Amelia gustáballe moito un grupo galego, que se chama Treixadura e queremos despedir este triste nova cunha estrofa dunha cantiga dos mesmos adicada a unha persoa que se "vai" e di así:
Anque me vou non me vou
Anque me vou non me ausento
Aunque me vou de palabra
Non me vou de pensamento
O noso péseme a toda familia de Amelia.

.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario