28 de out. de 2013

INFORMAN OU DESINFORMAN OS MEDIOS DE PRENSA

CANDO ESGRIMADES NUNHA CONVERSA "DIXO O PERIÓDICO" NON SE ARMAR DE RAZON.
Onte domingo estiven na casa descansando  dun sábado
“esgotador” e marabilloso na casa do meu amigo Nadal en Godos, entre músicos profesionais, e como xa temos unha idade o domingo tocou descansar e recuperar, e entre outras cousas tratar de entretervos coas miñas parvadas e ademais ler a prensa  da comarca do Salnés e  nun dos medios de prensa, a propósito da detención dunha “perigosa” banda de romaneses dicía:“Os cinco detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados que decretou a súa liberdade provisional con cargos”.
Outro dicía: “Os detidos foron posto a disposición do xulgado de Garda de Cambados”. E un terceira dicía: "Os arrestados foron postos a disposición do Xulgado número 1 de Cambados e quedaron en liberdade provisional con cargos."
Hoxe luns cando cheguei ao chollo, como sabedes a maioría de vos,  traballo no Xulgado de Instrución Nº 1 de Cambados, o cal está en funcións de garda (a min non me tocaba este fin de semana), e en plan "coña" largueille os meus compañeiros que estiveron o sábado e o domingo: “que touco traballar , este fin de semana , tiveches cinco detidos”. E os tres que estiveron de garda o fin de semana contestáronme o a unha soa voz: “ja, ja ja. Pero quen che contou a ti iso, aquí non houbo ningún detido, si houbo no Cuartel da Garda Civil de Sanxenxo, pero o propio posto puxos en liberdade, pois tratábase de delitos de escasa importancia.” Nin pasaron polo xulgado, nin a xuiz os viu diante, nada de nada. Quen lle dou a nova a este periódicos?
Un que xa está acostumado a moitas cousas da prensa e non sabe que dicir diante disto, calquera coma min que lera as informacións dos medios de prensa parece que pouco menos que detiveron a unha perigosísima banda de ladróns comandados por un perigoso ex garda civil, todo moi lonxe da realidade. Eu non digo que non lle fagades caso a prensa, pero cando esgrimades nunha conversa ou discusión “dixo o periódico” non se armar de razón por que moitas veces os periódicos non di a verdade e menos un que eu ben me sei.
XAQUÍN CHARLIN, administrador de "A TI MEU CAMBADOS". 

Ningún comentario: