28 de out. de 2013

O DELEGADO DA XUNTA, CORES TOURÍS, “SALPICADO” POLO CASO “BELECO 25”.

TOURÍS URBANIZOU A PARCELA FOI O QUE DOU  A LICENCIA MUNICIPAL DA PRIMEIRA OCUPACIÓN.
O CASO CHEGA OS TRIBUNAIS.
O caso do edificio Beleco 25 está dando moito que falar. Un dos veciños acábanos de indicar que foi presentada denuncia no cuartel da garda civil de Cambados, por presunto delito de danos e coaccións, polo que o caso vai facer a súa entrada nos tribunais pola porta grande. 
ANTECEDENTES DO EDIFICIO
A xunta do Goberno local en data tres do xullo do dous mil seis, sendo alcalde de Cambados, o actual delegado da Xunta José Manuel Cores Tourís “O Caudillo de Oubiña”, tomouse entre outros o seguinte acordo:
“ACTA DE RECEPCIÓN DE OBRAS DE URBANIZACIÓN.- Dáse conta da acta levantada con data 29 de xuño pasado, para recepción de obras de Urbanización da U-G 5, coa intervención do Sr. Alcalde José Manuel Cores Tourís, o presidente da Xunta de Compensación da UG-5 Juan Carlos Trigo Núñez, Santiago Tirado Rey Enxeñeiro de Camiños-Director das obras de urbanización da
UG-5, e Pelayo Eyo Valladares, aparellador municipal. Reflíctese na referida acta que as obras foron debidamente executadas con suxeición o proxecto técnico redactado polo Sr. Tirado Rey, e realizadas a cargo da Xunta de Compensación da UG-5, e conta con servizo de auga potable, evacuación de augas e sumidoiros, SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, infraestruturas para telecomunicacións, acceso  rodado para vehículos, pavimentación das vías, adoquinado e encintado de beirarrúas, polo que a Xunta de Goberno Local, acorda ratificar todo o actuado na referida acta de recepción, prestando aprobación a mesma, ós efectos de liquidación definitiva do proxecto de Compensación da UG-5
LICENCIA DE PRIMEIRA  OCUPACIÓN
En xunta de Goberno do día trinta de Marzo, sendo tamén Alcalde de Cambados o actual delegado da Xunta, Cores Tourís , comprobado o cumprimento  da normativa urbanística vixente no concello de de Cambados emite informe favorable a prol da concesión da licencia municipal de primeira ocupación solicitada o comprobar que o edificio é apto para o seu uso.
O CASO CHEGA OS TRIBUNAIS
Un dos veciños afectados foi a que presentou denuncia na Garda Civil de Cambados, por un suposto delito de danos e coaccións e o caso , segundo nos comentou o propio veciño xa foi remitido os tribunais de Cambados. Tamén nos comentou este veciño que queren depurar responsabilidades  e nos descartan emprender accións contra todas aquelas persoas que dun xeito ou doutro tiveron participación para conceder a licencia municipal de primeira ocupación  o estar o edificio con luz de obra tal e como continua na actualidade.


PUBLICADO ATE O DE AGORA NESTE BLOG SOBRE O CASO:



Ningún comentario: