“PASEI MOITOS NERVIOS PERO É UN GRAN RECOÑECEMENTO PARA A MIÑA CARREIRA”
A perruqueira cambadesa Sara Fariña, propietaria de “A pelu de Sara”, conseguiu onte
alzarse como subcampiona no premio novos talentos Trend Visión 2013 que se celebraba en Praga e no que a nosa veciña representaba a profesionais de todo o norte de España. “Pasei moitos nervios pero é un gran recoñecemento para a miña carreira”, aseguraba a cambadesa a última hora de onte en conversación con este blog pouco despois do certame e agradecendo a súa colaboración á modelo Andrea Carro, outra veciña de Cambados coa que Fariña pasouse “moitas horas” de preparación nos camerinos, unhas instalacións nas que a moza tivo que traballar onte durante unha longa xornada que se prolongou moitas horas nas votacións.

A Fariña, de feito, non se lle vai a esquecer as longas horas que tivo que esperar ata coñecer un veredicto que lle outorgou unha merecida medalla de bronce. A cambadesa destacaba ademais a
oportunidade de aprender que supoñen estes concursos. Acompañada pola súa familia Fariña lévase de Praga un grato recordo e un segundo posto que, como non podía ser doutro xeito, volve deixar aos profesionais de Cambados no máis alto dos podios.

O concurso estaba organizado pola coñecida marca de cosmética Wella, que pretende cos seus recoñecementos crear tendencia e situar a súa marca “como líder en creatividade da industria de "estilismo" do cabelo”.
NOVA E FOTOS RECOLLIDAS DO BLOG “ALZA LA VOZ CAMBADOS”

Ningún comentario:
Publicar un comentario