21 de nov. de 2013

A RÚA ISABEL II PEONIL XA¡¡¡

O CONCELLO DE CAMBADOS AÍNDA NO TEN CLARO
Como  moitos cambadeses saben  a famosa Rúa Isabel II da
nosa vila está en obras. Houbo prensa do réxime sobre todo algunha que meteu a Coz que chegaron a dicir que neste Rúa había 17 establecementos abertos e que era moi importante a súa reconstrución. En realidade abertos ao público só hai tres establecementos un todo día, unha copistería, outro que
 abre a mediodía e a noite que é un bar,  e outro que só abre os fins de semana.  O que está claro e moita xente ven reclamando incluídos os propios veciños que esta rúa tiña que ser peonil posto que  baixando do Castriño para o único sitio a onde se pode ir é a rúa Pontevedra a cal ten entrada tamén pola Praza Ramón Cabanillas. Deixar a rúa en todo caso para carga e descarga pero non para o tráfico en xeral, pero como isto depende dos caprichos de “Pinocho” Aragunde, estaremos a decisión que el tome, o que está clara é que mentres duran as obras a rua Isabel II vai ser Peonil.

Ningún comentario: