DEZ “ARTISTAS” CAMBADESES EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS
Hoxe tivemos a oportunidade de acudir persoalmente a
exposición de "maquetismo" que o pasado xoves se inaugurou na Sala de José Peña en Cambados. Alí expoñen as súas obras Manuel Rial, José Agra, Ernesto Losada, Antonio Galiñanes “Turista”, Moncho Pazos, Paco Galiñanes, Rafael Sabugueiro, José Fernández, Fernando Bugallo e Tucho Somoza. A maioria deles xubilados que adican parte do seu
tempo a construír preciosas maquetas de barcos e construcións tradicionais do noso pais. Podemos ver barcos de todas as clases, dornas, gamelas, barcos de pesca, barcos de salvamento, barcos antigos, en fun unha marabilla que aconsellamos visitar encarecidamente pois asegurámosvos que paga a pena. A destacar, baixo o noso prisma a espectacular maqueta das Ruínas de Santa Mariña
feitas polo falecido mestre e artista cambadés Ernesto Losada e a Igrexa de Fefiñáns, feita con todo luxo de detalles por Moncho Pazos. Dicir que a exposición estará aberta ao público ate o vindeiro venres. Para os nosos visitantes do blog que son moitos incluso alén dos mares que non poden visitar esta magnifica exposición aquí lles deixamos unha reportaxe fotográfica con todas as obras que podemos ver no Salón de Peña.
| Detalle das Ruinas de Santa Mariña |

SE QUERES VER TODAS AS OBRAS DA EXPOSICIÓN PREME AQUI (UNHA VEZ DENTRO, PREME NA PESTAÑA "TODAS LAS FOTOS")
Ningún comentario:
Publicar un comentario