16 de nov. de 2013

O “XUVEN” VISTO POLO MOZO PABLO ABAL

PREVIA LEB PRATA J.7: FUNDACIÓN B. FUENLABRADA- CONSERVAS DE CAMBADOS 
Este domingo ás 19:30h o Conservas de Cambados visitará a pista do líder da liga: Fundación Baloncesto Fuenlabrada. Podería verse como un duelo entre dous “novatos” da
competición. Un recentemente ascendido como o Conservas de Cambados, e un novo equipo, filial dun ACB. En tempadas anteriores, o Baloncesto Fuenlabrada tiña como equipo vinculado ao Grupo Eulen de Ávila, pero esta tempada decidiu ter o seu propio filial, onde fabricar e curtir xogadores para o primeiro equipo. Actualmente, están na primeira posición da táboa, con 4 vitorias e 2 derrotas. Un rival moi forte, ante o cal, os de Casal deberán empregarse a fondo para sacar un resultado positivo dunha cancha histórica como a do Fernando Martín. O conxunto galego, viaxa moi mermado por mor das lesións. O beirado vasco Ander García, a á-pívot portugués Rafa Wildner eran baixas xa coñecidas con atelación, ás que hai que sumar con moita seguridade a de Emilio Oubiña por mor duns
problemas de costas. Tamén o base arxentino, Juan Orellano, viaxará con molestias no talón. 
Así están as cousas no seo cambadés. E en fronte terán a un persoal que atesoura moitisima calidade: novas promesas do panorama baloncestístico nacional xunto con xa coñecidos e consagrados xogadores. Podería xeneralizar e dicir que todos son moi completos, pero hai que destacar ao histórico Sergio Pérez, que promedia 11 p.p.p. 4 rebotes e preto de 12 de valoración. Rubén Martínez é o máximo anotador do conxunto fuenlabreño, con 12 p.p.p. 6 rebotes e 15 de valoración. A mocidade, calidade e talento, témolos
personificados no base do 93 Jorge Sanz. Este mozo xogador, internacional en todas as categorías inferiores, e que ten diferentes medallas a nivel Europeo, promedia 8 p.p.p. 4 rebotes, 3 asistencias e recibindo unha media de 4 faltas en cada encontro. Estes podemos dicir que son os alicerces fundamentais dun Baloncesto Fuenlabrada que se fai máis duro aínda no seu feudo. 
O Conservas de Cambados, non quere agarrarse a escusas como as baixas por lesións, e sairá a por todas nun en encontro, no que obviamente parten como favoritos os xogadores da comunidade autónoma de Madrid. 


UN ARTIGO DE PABLO ABAL.

Ningún comentario: