16 de nov. de 2013

CONCERTO DE SANTA CECILIA NO AUDITORIO DE CAMBADOS

O 21 DE NOVEMBRO A CARGO DA ORQUESTRA DO CONSERVATORIO CAMBADÉS
Estes días estanse a celebrar os ensaios da Orquestra do Conservatorio de Cambados para a conmemoración do día de Sta Cecilia. O concerto será o xoves 21 de novembro  no Auditorio . Os Xeitosiños,  como non podia ser menos,  tamén colaboran neste concerto: Miguel co clarinete , Roi co bombardino e Víctor coa percusión e dirixe a orquesta Jose Bugallo Senra
Aquí podedes ver un intre dos ensaios: 


E xa aproveitando a xentileza de Maria José P. e os seus preciosos videos , aproveitamos que poñervos unha peza excepcional a cargo da Banda de Música de Castrelo que tivo lugar o pasado domingo dia 10 de novembro con motivo do XXII Festival de Bandas de Música Populares,  no que o rapaz Anxo Xesteira, interpreta ao acordeón a Gastelugatxeco Martxa  , un tema de Kepa Junquera.  E incrible o sentimento que pon este rapaz con calqueira instrumento que toque, e especial  co acordeón, paga a pena velo:


MAIS FOTOS DO ENSAIO DA ORQUESTRA DO CONSERVATORIO:







Ningún comentario: