13 de dec. de 2013

A ASOCIACIÓN OBRADOIRO VOLANDEIRA CELEBRA A SÚA GALA DE NADAL

O 21 DE DECEMBRO AS 19.30 H. 
A Asociación Obradoiro Volandeira creouse no ano 2008 co afán de recuperar no pobo de
Cambados, música, baile e tradicións populares, e abofé que está a facer todo o posible ano a ano, festa a festa e dia a dia  para facer  boa a razón da súa creación. E así o vindeiro día 21 de decembro a iso das 19.30 horas celebran a súa gala anual  de Nadal no Auditorio da Xuventude de Cambados, poñendo en escena toda  a súa forza e toda a súa xente, pandereteiras, gaiteiros, bailaríns , en fin  que poderedes gozar do  que van progresando a xente de Volandeira. Entre os asistentes celebrarase sorteo de vales compra dun supermercado de Cambados.
É de destacar o cartel que anuncia a gala deste ano, pois  é un marabilloso debuxo do prestixioso pintor Tomas Caula, membro tamén de Volandeira.

Ningún comentario: