10 de dec. de 2013

ASOMBROSO: DEFENDER O INDEFENDIBLE

LUÍS ARAGUNDE ESTÁ A DEMOSTRAR, CON ACTUACIÓNS COMO A DE SARTAXES, POUCA DIGNIDADE E MOITA PREPOTENCIA.
UN ARTIGO DE VICTOR CAAMAÑO, PORTAVOZ DO BNG.
Queda demostrado, coa reposta de Luís Aragunde ao asunto do valo ilegal que pretendía levantar en Sartaxes (Castrelo), que a súa é unha actitude prepotente, pois está a considerar que el non ten porque pedir permisos a ninguén e, por tanto, que el non ten porque cumprir a lei. Entende, erradamente, que como ganou  as  eleccións,  está por riba do ben e do mal e,  en Cambados,  ten carta branca para facer o que  lle da a gana. Non entende que isto da democracia tamén significa que ante a Lei, todos/as somos iguais; tamén el. Esa é a razón pola que non pode transformar, sen permisos, unha zona de Protección Forestal (léase “Pinal de Maza”)  nunha plantación de Albariño nin facer un valo (Sartaxes) na praia dun espazo natural protexido; os demais tampouco podemos e, por iso, se di que somos iguais ante a lei.
O BNG considera que iso non quita que se hai un problema no seu concello, o alcalde, debe ser o primeiro en tentar solucionalo, pero  axustándose en todo momento á Lei, o que resulta posible de facer. E non estaría mal, cando se incumpre esa lei a sabendas, como é o caso, que se pida desculpas por recorrer a unha vía ilegal e que non se volva a repetir. Se os representantes públicos non damos exemplo, non somos dignos de ocupar ese posto  e Luís Aragunde está a demostrar, con actuacións como esta, pouca dignidade e moita prepotencia.
O BNG seguirá facendo a súa labor de fiscalización do goberno municipal do PP de Cambados, aínda que a este grupo político non lle guste. Somos conscientes de que o PP preferiría non ter un grupo político como o BNG, que denuncie as continuas irregularidades na xestión que están a facer no concello de Cambados. De non ser así, estamos seguros de que o PP incumpriría, aínda máis a miúdo, as leis que temos que cumprir os demais.
Un artigo de Victor Caamaño, portavoz do BNG de Cambados.





CHARLA INFORMATIVA  SOBRE AS ALTERNATIVAS DO BNG AO MODELO DE SOGAMA
O BNG do Salnés exporá nunha Charla Informativa as alternativas do BNG ao modelo de Sogama. O acto terá lugar o xoves 12 de decembro, ás 20.30 h., no Salón de Actos de Exposalnés en Cambados e nel intervirán Xoán Allegue, responsábel comarcal e Marta Domíguez, técnica da Planta de Compostaxe da Barbanza.


Ningún comentario: