O CAMBADÉS XAQUIN XESTEIRA, UN DOS SEUS MESTRES.
Entrada con invitación.
SonDeSeu: presentación mundial do seu novo disco "Danzas brancas" +Convidados (Rushad Eggleston e O Fiadeiro)
SonDeSeu, é unha das orquestras europeas máis importantes de música folk contemporánea, estreará no concerto de Nadal da Universidade de Vigo o seu novo álbmum, Danzas brancas. Entre as pezas que formarán parte do repertorio deste novo álbum hai composicións e arranxos de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Quico Comesaña.
SonDeSeu naceu no 2001 en Vigo. A súa música baséase en temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados polos compoñentes da orquestra. Contan con gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
Rushad Eggleston, excéntrico chelista californiano, actualmente forma parte da banda Tornado Rider. A súa música bebe das raíces americanas coma o country, rock ou jazz.
O Fiadeiro, unha das agrupacións folclóricas máis importantes de Galicia que naceu no ano 1996 co propósito de conservar e transmitir entre os máis mozos a tradición musical e cultural galegas.
Kepa Junquera, músico vasco coñecido internacionalmente pola fusión de distintos estilos e tradicións realizados a través da trikitixa.







Ningún comentario:
Publicar un comentario