6 de dec. de 2013

DOUS DESTACADOS CAMBADESES FALECEN NESTES PRIMEIROS DIAS DE DECEMBRO

O EMPRESARIO JOSE NUÑEZ CORES E O PROFESOR FERNANDO JOAQUIN BOTANA TRIGO
O EMPRESARIO DO TRANSPORTE JOSÉ NÚÑEZ CORES CONTABA CON  70 ANOS.
O funeral foi esta tarde na igrexa parroquial de Santa Mariña - Foi vicepresidente da Cámara de Comercio e un defensor sen concesións do autobús como medio de locomoción.
O empresario de Cambados José Núñez Cores faleceu onte aos 70 anos. Persoa moi coñecida tanto pola súa faceta profesional como por ser representante do sector de transportes en varias asociacións de empresarios, Núñez Cores mantívose en activo ata o último momento. De feito, antonte acudiu á asemblea da Confederación de Empresarios de Pontevedra na que se nomeou presidente a Luís Novoa.
José Núñez Cores é un dos fillos de José Núñez Barros, que fundou na década dos 40 una das empresas de transporte de viaxeiros e de mercancías máis importantes do século pasado en Ou Salnés. O seu interese polo asociacionismo viuse reflectido na súa disposición a colaborar con diversos proxectos. Así, formou parte do comité directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra e foi presidente da Federación
provincial de Transportes. Tamén estivo na asemblea da confederación galega de empresarios, e foi vicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía xunto a Carlos Oubiña.
Os restos mortais de José Núñez están sendo velados desde onte pola tarde no tanatorio de Cambados. A condución ata a igrexa de Santa Mariña Dozo , e tralo funeral o empresario recibiu sepultura no cemiterio cambadés.
A familia Núñez é unha institución no mundo empresarial de
Os fillos de Pepe continuan a saga
Cambados. José Núñez Barros fundou en 1942 xunto aos Arenaz unha empresa de transporte de viaxeiros e de mercancías que facilitou moito aos arousáns as viaxes a Pontevedra, Vigo ou Santiago, capitais administrativas e comerciais ás que moitos acudían a vender os seus produtos da horta ou do mar.
Os Núñez, que atesouraban unha importante colección de vehículos antigos, foron tamén os grandes impulsores da festividade de San Cristóbal -patrón dos condutores en Cambados-, en cuxas procesións os autobuses e camións de época da familia adoitaban
chamar moito a atención. Foi precisamente no transcurso da procesión de San Cristóbal de 2006 cando faleceu Núñez Barros, tras sufrir unha indisposición e precipitarse coa súa Mercés ao mar en Tragove. Tanto el como o seu fillo José eran uns apaixonados da mecánica, e restauraron persoalmente durante dous anos un autobús Mercés de 1959 que é unha das principais xoias da familia.
José Núñez Cores foi un firme defensor do transporte público. Aseguraba que o autobús era o medio de transporte máis seguro, e avogou pola creación dunha liña comarcal que enlazase as diferentes poboacións de Ou Salnés e o hospital. Iso si, era consciente da crise que padecían as empresas do ramo, debida ao descenso de pasaxeiros e a subida do gasoil, polo que opinaba que para poder crear un servizo público de autobuses na comarca terían que implicarse as administracións. Neste sentido, avogaba por formar un consorcio, como o que hai en Madrid. NOVA RECOLLIDA EN FARO DE VIGO.
ANÉCDOTA PERSOAL CON PEPE NUÑEZ.- Unha vez xogando as cartas na Sociedade Cultural, concretamente o tute cabrón nun lance do xogo un individuo referíseme a min en plan despectivo  “Xoga carta ti,  de Triana”, e entón para miña sorpresa Pepe Nuñez saltou como un resorte da súa cadeira e díxolle o individuo en cuestión “Oes ti, tes algo contra os de Triana, por si é así tamén o tes contra min, pois nesa fermoso carrio naceu a persoa que mais quero, a miña nai”. O individuo agachou a orella porque Pepe cando se levantaba impresionaba, e continuou a partida sen mais. Dende aquela Pepe Núñez sempre me caeu ben.
Xaquin Charlin "Chon".
O IES DE BRÉAMO EN PONTEDEUME PERDE A UN DOS SEUS MELLORES PROFESORES
Tamén por mor dun ataque cardíaco deixábanos a idade de 54 anos o profesor cambadés, que estaba  a dar clase no IES de Breamo en Pontedeume Fernando Joaquin Botana Trigo. Curiosamente a mesma idade falecera de xeito similar o seu pai Fernando Botana. Fernando non é que fora moi coñecido en Cambados, si para os que peiteamos canas e estudamos con el aló por finais dos anos 70 no Instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Fernando tiña unha mente privilexiada era deses estudantes que practicamente sen coller un libro na man e levaban noves e deces como churros. Lembramos que Fernando era fillo tamén dunha gran profesora do Instituto Cabanillas, como foi a querida e admirada Dona Maruja Trigo.  
O noso pésame as dúas familias.

1 comentario:

rafael dixo...


Fernando Botana Trigo, enorme tristeza ha causado la noticia de su muerte todos los que lo hemos conocido, Fernando no solo era una mente privilegiada, prueba de ello es su magnifico expediente académico, en ciencias quimicas y su rapidez en aprobar las oposiciones,el iba por delante de todos los demás,y su facilidad para las ciencias en general era asombrosa, el iba más allá en la comprensión que el resto, y era un maestro para todos.Fernando era de los que estudiaba y se divertía. Pero no solamente tenía esas cualidades Fernando era una persona de gran sencillez, muy alegre, muy familiar y de espiritú bondadoso y desinteresado, hombre siempre dispuesto a ayudar a los demás, de gran nobleza, , y un hombre feliz.
Los que le conocimos no nos olvidaremos de él.
Lamento no haber podido disfrutar más momentos en su compañía antés de su prematura muerte. Q.E.G.E.
MI MÁS SENTIDO PESAME A SU FAMILIA Y AMIGOS
Rafael Bouzas Goyanes