BEA COSTA “PERIODISTA” DA VOZ DE GALICIA POR SALVARLLE O CU A LUÍS ARAGUNDE ACUSABA A OUTRA FORMACIÓN DO MESMO.
| Bea Costa |
O BNG de Cambados ven de presentar tamén un escrito no concello de Cambados, no que di que este está a executar unha obra de acondicionamento dunha pista na zona de As Quintáns, Castrelo; obra consistente no
ancheamento do camiño que baixa dende Condes de Albarei ata a desembocadura do Rio Umia. Dita obra realízase dentro dun espazo natural protexido e, segundo queixas dos veciños/as, sen consenso con gran parte dos propietarios/as das parcelas que están obrigados a ceder parte da súa propiedade para a ampliación da citada pista, polo que SOLICITA: que se lle respondan as seguintes preguntas:
ancheamento do camiño que baixa dende Condes de Albarei ata a desembocadura do Rio Umia. Dita obra realízase dentro dun espazo natural protexido e, segundo queixas dos veciños/as, sen consenso con gran parte dos propietarios/as das parcelas que están obrigados a ceder parte da súa propiedade para a ampliación da citada pista, polo que SOLICITA: que se lle respondan as seguintes preguntas:
1.- Cal é a necesidade de acometer esa obra?
2.- Que orzamento esta asignado para a súa realización? Que parte do orzamento lle corresponde financiar ao Concello de Cambados?
3.- Con qué permisos, e de que organismos, conta o Concello para emprender unha obra tan agresiva co medio ambiente?
4.- Porque non se tratou de chegar a acordos cos veciños/as afectados/as e, pola contra, se lles obrigou a ceder terreos e árbores para beneficio de non se sabe moi ben quen ou qué?
5.- Como e en que medida, valora vostede, que esta actuación beneficia ao pobo de
Cambados en xeral e á parroquia de Castrelo en particular?
Cambados en xeral e á parroquia de Castrelo en particular?
6.- Se como din, esta obra, é para que poidan chegar os buses ao remate da pista, porque non se habilita un aparcamento na pista de entrada á Adega Condes de Albarei e se promociona que os posibles visitantes fagan o percorrido a pé, gozando así do contorno paisaxístico desta privilexiada zona natural?
7.- Qué necesidade hai de gastar os cartos agredindo á natureza, podendo facer as cousas de maneira que saian gañando tanto os cidadáns como a paisaxe?
Quere dicir como titulou o outro día Bea Costa “Anova di que o PP beneficia á Fundación Manolo Paz de Cambados cun camiño «irregular»” (cousa que non dicía ANOVA) que ANOVA ou o BNG están en contra de Manolo Paz como tendenciosamente quere facer ver os cambadeses Bea Costa. Non, rotundamente Non, ANOVA e o BNG están polo respecto a legalidade vixente e por suposto que non están en contra de Manolo Paz, todo contrario, como nos quere ver facer a “PPopular” periodista Bea Costa. Polo cada vez que leamos unha nova desta señora hai que poñela, como mínimo, en cuarentena.
Suxerímoslle a Bea Costa que vaia o pleno de finais de decembro e lle diga o seu amigo Luís Aragunde que ensine os permisos no pleno, e logo farémoslle caso.
Fotos cedidas por ANOVA CAMBADOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario