11 de dec. de 2013

ADEGAS MARTÍN CÓDAX CONVOCA UN CONCURSO FOTOGRÁFICO NAS REDES SOCIAIS

O PRAZO DE PREWSENTACIÓN DE TRABALLOS REMATA O 29 DE DECEMBRO
A firma vitivinícola Martín Códax, con sé en Vilariño (Cambados), organiza unha nova
actividade sociocultural aberta a todos os públicos. Esta vez trátase dun concurso de fotografías de nadal que promove a través da súa páxina oficial de Facebook e cuxo prazo de presentación de imaxes péchase o día 29. 
Na bodega aclaran que "os tres ganadores daranse a coñecer a través da propia páxina en Facebook o 3 de xaneiro". Serán elixidos "a través de votación popular", advirten. A isto engaden que "o premio consiste nunha visita para dúas persoas ás instalacións da bodega, onde coñecerán de cerca o proceso de elaboración de albariño, asistirán á degustación de catro dos seus máis emblemáticos viños e recibirán un caixa da marca Martín Códax Leas Esencias que inclúe un xogo de para practicar a cata". 
Cabo indicar que para participar neste concurso "é necesario ser fan de bodegas Martín
Códax e deixar os datos persoais e a fotografía coa que se participa na aplicación habilitada para ese efecto na fanpage da bodega". As imaxes presentadas "deben incluír algún motivo de nadal e facer referencia a algún aspecto relacionado coa cultura do viño". Para rematar, cabo dicir que se pode participar con máis dunha imaxe, co que as posibilidades de gañar amplíanse".
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO 



Ningún comentario: