12 de dec. de 2013

TREIXADURA EN RIBADUMIA O VINDEIRO 22 DE DECEMBRO

ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR O AFORO.
O mellor grupo , sen ningún xénero de dúbida, de música
tradicional de Galicia en moitos anos, o grupo Treixadura, estará o día 22 de decembro (dia da lotería), as 19.00 h, no Auditorio de Ribadumia, a entrada é libre e gratuíta ate completar o aforo.
En Galicia Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. 
Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co único obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música das súas 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos, unha variada gama de colaboracións discográficas,
compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo. 
O seu derradeiro traballo "Esa si que é muiñada" é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural, os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, festas populares, os vellos gaiteiros, os coros, as bandas, que permanecen en nós, os galegos, desde a noite dos tempos grazas á tradición oral, os libros e a música. 

Ningún comentario: