13 de dec. de 2013

FALECE UN DOS XOGADORES HISTÓRICOS DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS

NELO PERRINCHOS CONTABA CON 69 ANOS DE IDADE.
Daniel José López Chaves, mais coñecido por todos en Cambados como
Ano 1966.- Club Juventud Cambados,
Presidente Jose Prado Acha, Campo
 das Sinas. De pe de esquerda a dereita:
Millán, Canqueno,.....,Berto, Cernadas,......
 Agochados: Perrinchos, Carducho,.....Avelino
 e Saminario.
“Nelo Perrinchos”, faleceu onte  cando contaba con 69 anos de idade. Perrinchos comezou a xogar no Cambados, xa como xuvenil e deixou o club sendo todo un veterano. Perrinchos era un medio batallador loitador, e deixábase a pel no campo en cada partido.  Nacido en Santome, e casado en Corvillón Perrinchos adicou practicamente toda a súa vida o fútbol afeccionado,  afección que  cumprimentaba a súa profesión de carpinteiro.  Pero aparte de traballar e xogar o fútbol Perrinchos era un carnavaleiro incansable  e podiámolo ver  na Sociedade Cultural con disfraces que marcaron época e gañaron moitos premios xunto con seu compadres e inesquecible amigo Chatarra, outra gran xogador de fútbol. Unha vez deixou a práctica activa do fútbol fundou con outros veteranos do Cambados o equipo “Veteranos Cambados” desaparecido por desgraza na tempada anterior. Este ano falecia tamén outro histórico de Cambados que coincideu con él en varias alineacións, falamos de Giraldez.  Perrinchos recibirá sepultura hoxe as cinco menos cuarto da tarde no cemiterio parroquia de Corvillón, a onde chegaran os seus restos mortais procedentes do Tanatorio de Santa Mariña. O noso pésame a súa familia.. 


O SEU PASO POLO CLUB JUVENTUD CAMBADOS


Ano 1967.- De pe de esquerda a dereita: Nito Millán, Perrinchos, Luis, Isaac, Ramoni, Coco. Agachados: Vieites,Pinche, Joaquin Laya, Carducho, Cernadas e Núñez.

Ano 1967.- De pe de esquerda a dereita: Millán, Eladio,.....,Luis, Chatarra, Tonecho. Agochados: Carducho, Perrinchos, Sueiro, Pereda e Seminario.

Juventud de Cambados. Subcampión Gallego de Afeccionados 1967. De pe de esquerda a dereita: Millán, Eloy, Eladio, Berto, Cernadas, Arturo. Agochados: Rial, Nelo, Furia, Ramoni e Pirri.

Ano 1968.- De pe de esquerda a dereita: Millan, Eladio, Berto, Cernadas, Saul, Eloy. Agochados: Rial, Perrinchos, Furia, Ramoni e Pirri.

Club Juventud Cambados 05/05/68. Campeón Rias Baixas e Torneo Relámpago. De pe de esquerda a dereita: Millan, Eladio,Giraldez,  Marciano, Laya, Rial, Cándido. Agachados: Neno, Nelo, Furia, Ramoni e Lojo.

Juventud de Cambados no Campo da Lomba no ano 1968 , vencedor do Torneo Relámpago e Campión das Rias Baixas.

Ano 1969.- De pe de esquerda a dereita: Carducho (adestrador), Nito, Joaquin Laya, Giraldez, Rori, Cernadas José Antonio, José Manuel, Millán pai (fisio). Agochados: Neno, Perrinchos, Lojo, Sueiro e Eloy.

Campo Santa Isabel, probablmente ano 1969. De pe de esquerda a dereita: Millan (pai) masaxista,....., Joaquin Laya, Chatarra, Rori, José Antonio Laya, Paco Trigo, Carducho (adestrador). Agochados: Giraldez, Perrinchos, Mallo, Neno e ......

Ano 1971.- De pe de esquerda a dereita: Chatarra, Laya, Pillado, Rori, Nito, Rodolfo, Agochados: Perrinchos, Ramoni, Agra, Rubio e Neno.

Ano 1971.- De pe de esquerda a dereita: Millán, Giraldez, Chatarra, Pillado, Rori, Laya,...... Agachados: Neno, Mallo, Agra, Ramoni e Perrinchos

1971.- De pe de esquerda a dereita: Nito, Joaquin Laya, Giraldez, Ramoni, Rodri, José Antonio Laya,. Agochados: Rubio, Chatarra, neno, Mayo e Perrinchos.

VI-1971 Cambados Paco Trigo, Giráldez, Gelito(Chata), Nito, Ramoní, Rori, Laya, Carducho, José Manuel, Quin, Neno, Mayo, López(Perrinchos), Pillado, Rubio, Chato.

9-IX-73 Cambados Suso, Conde, Lubiáns, Paco Trigo,Pillado, Gelito Chatarra, Nito, Costas, Abeledo I, Ramoní, López, Abeledo II.

Tempada 73/74. De pe de esquerda a dereita: Chatarra, Gerardo, Millán, Chopi, Pillado, Conde. Agochados: Costas, Perrinchos, Abeledo, Ramoni e Bollitas.

Ano 1975.- De pe, de esquerda a dereita: Millán, Almazán, Roberto, Pillado, Conde, Chatarra, Costas, Perrinchos, Abeledo, Ramoni e Bollitas.

Club Juventud Cambados en Santa Isabel, probablmente ano 1976. De pe de esquerda a dereita: Suso Millán, Gerardo, Lubians, Pillado, Conde, Perrinchos. Agochados: Costas, Chatarra, Abeledo, Ramoni e Bollitas.

Tempada 75/76. De pe de esquerda a dereita: Pintos, Almazán, Panchito, Chopi, Pillado, Castro, Chatarra, Nito Millán, Quico (adestrador). Agochados: Perrinchos, Suso Millán, Costas, Conde, Blas, Ramoni e Bollitas.


Ningún comentario: