8 de dec. de 2013

O TIMO DA AUGA

AQUELO QUE DESMENTÍAN “OS PADRIÑOS” FEIJOO, LOUZAN, TOURIS E ARAGUNDE.
UNHA VECIÑA DE CAMBADOS RECORRE
O ABUSIVO PREZO DA AUGA , E NON VOS PERDADES A CONTESTACIÓN  DA XUNTA.
Lembrádesvos cando dicían os partidos da oposición e todo mundo que nos ían estafar co novo imposto da auga e os “padriños” do PP, Feijoo, Louzán, Tourís e Aragunde negaban  incluso o novo imposto, sabiamos todos que mentían,  pero os medios de prensa afectos o réxime encargáronse de facer nos ver que non era así,  e todos tragamos co novo imposto. Unha veciña de Cambados queixouse por escrito pola excesivo da súa factura da auga e non vos perdades a contestación de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, como di a nosa comunicante deben pensar que están a tratar con nenos ou autómatas,  e o razoamento que fan para calcular o consumo , xa que presumen que unha vivenda  sen corroboralo por ningún outro medio está habitado por tres persoas como mínimo aquí tedes o paragrafo en cuestión: 

De todos os xeitos a nosa comunicante non se vai render e presentar a impugnación por vía económica-administrativa perante a Xunta Superior de Facenda (consellería de Facenda).
Como vedes fan o que queren de nos menos mal que aínda hai xente neste pais como o caso desta veciña que non se resigna a que abusen de nos. Todos debiamos de facer o mesmo.
Aquí tedes o escrito completo.

Ningún comentario: