8 de dec. de 2013

UN DESACORDO ENTRE O CONCELLO DE CAMBADOS E AS PARROQUIA, OBRIGA AOS CAMBADESES A PAGAR UN “NOVO IMPOSTO”.

DESPOIS  DA GRAVE SUBIDA DO IBI, OS CAMBADESES TEÑEN QUE FACER FRONTO A UN NOVO IMPOSTO.
Un grave desacordo entre o Concello de Cambados e a Parroquia Santa mariña Dozo van
facer que os veciños de Cambados con propiedades nos Cemiterios Santa Mariña Dozo e Fefiñans, teñan que pagar un novo imposto de 20 euros ao ano, aproximadamente  o que sumado a carga fiscal impositiva do concello de Cambados e Luís Aragunde está a fogar a moitos cambadeses.
O cura párroco de Santa Mariña, José Aldao suxeriu en máis dunha ocasión que sexa o Concello o que se faga cargo do mantemento dos camposantos. Trátase dunha idea apoiada polos partidos da oposición, pero que o grupo de goberno do PP rexeita. 
Luís Aragunde, é dicir o PP de Cambados,  alegan que os terreos son propiedade da Igrexa, e que ademais supoñería un agravio comparativo cos cemiterios das parroquias do rural o feito de que o Concello encargásese da conservación en Santa Mariña e non nos demais cemiterios.  Aquí habíalle que dicir a Luís  como se empregan cartos públicos no Pinal de Maza e aquí non di nada.
O que si propuxo o Concello de Cambados é a inclusión de
Santa Mariña nunha rede europea de cemiterios histórico-artísticos, feito que beneficia somentes ao Concello de Cambados.
Unha comisión parroquial reuniuse co alcalde Luís Aragunde para pedirlle que o faga o Concello, pero o rexedor negouse en redondo. «Díxenllo moi claro, non podemos asumir novos servizos tendo en conta o difícil momento económico que estamos a vivir». Esta frase dita por Aragunde hai que analizala moi polo miúdo, e dicir que
non se teñen cartos para coidar o cemiterio de todos os cambadeses, pero si hai cartos para ter contratos seis inútiles asesores,  persoas que lle custan o concello mais de 15.000 euros o mesmo, co un só soldo  destes seis inútiles poderíase pagar todo un ano a unha persoa para encargarse do coidado dos cemiterios. 
O párroco José Aldado dixo textualmente: «Pois que alguén tense que facer cargo dás zonas comúns, que son de todos»,  pois actualmente no fai ninguén.
No que se refire aos roubos, os veciños quéixanse da desaparición de elementos
ornamentais. 
Varios veciños dixeron que dentro dos nichos chovía tanto como fora; «oíase a auga caer na madeira do ataúde». Se algo quedou claro, foi que a todos lles preocupaba o estado do lugar no que repousaban os seus seres queridos.
A única saída vista é a unión e implicación de todos os propietarios e como a mellor opción, o cobro de 20 euros ao
ano para ter unhas instalacións en condicións. A cifra procede dun estudo sobres posibles cantidades, pensando nos petos dos veciños na actual conxuntura económica, e en base ás carencias detectadas. O informe presentouse onte ante case 200 propietarios por parte de Aldao e representantes da parroquia e a asesoría Ges-Salnés, que levaría a contabilidade. 
Unha maioría de participantes mostrouse favorable á cota, aínda que tamén se sinalou que a cantidade parecía elevada ou irreal, tendo en conta que todos son estimacións; pero tamén inxusta, como poñía de manifesto unha veciña, quen sinalou que si os camposantos son propiedade do Arcebispado, a el corresponderíanlle algunha das reparacións propostos.
Como vedes cambadeses coa Igrexa topamos e o Concello de “vacacións”, así a quen lle toca de pagar pois os de sempre  é dicir a  “Juan Pueblo”.
Fotos: Google.

Ningún comentario: