8 de dec. de 2013

QUE É A APOLOXÍA DO DELITO?

A PROPÓSITO DUN DESAFORTUNADO  ARTIGO SOBRE OS MALOS TRATOS
Moito se falou estes dias na rede do famoso artigo de José Pepe titulado  “Los malos tratos deben terminar”, houbo comentarios de  todo tipo, o que
mais graza   fixo foi un que dicía textualmente “Polo amor de dios deixade volver a Jose Pepe o ayuntamiento!! ... e que non salgha!! mamasiña como se poden decir tantas burradas por metro cadrado!! 
Ya lo dijo Einstein: Hay solo dos cosas infinitas, el universo y la estupidez humana, y de la primera tengo mis dudas...”, este comentario foi feito precisamente por alguén que coñecía moi ben o autor do artigo. Pero estas verbas non son precisamente para dicir se o artigo era bo
ou malo, se era estúpido ou non, ou se dicía moitas burradas ou non, este artigo é para facervos ver se pode ou non existir  apoloxía de violencia de xénero no mesmo,  nos imos  poñer unha serie de elementos e vosa disposición e vos o remate xulgaredes:
Primeiro imos definir o que é apoloxía:
Do latín “apologia”, aínda que con orixe máis afastada nun vocábulo grego, a apoloxía é o discurso que se realiza en defensa ou loubanza de algo ou alguén. Trátase de expresións orais, escritas ou doutro tipo que se difunden coa intención de brindar apoio a
unha persoa, unha organización ou unha causa.
A apoloxía, en certos casos, pode ser considerada como un acto ilícito cando incita a cometer accións que son contrarias á lei. Nestes casos, fálase de apoloxía do delito, xa que a persoa o que fai é defender e promover condutas delituosas.
Pode entenderse á apoloxía do delito como aquel eloxio público dunha acción que foi declarada como criminal. Vexamos este exemplo: “Si un grupo terrorista secuestra e fusila a un político e un xornalista
expresa nun programa de televisión que “iso é o que habería que facer con todos os funcionarios públicos que levaron á ruína ao país”, este home de prensa poderá ser acusado de apoloxía do delito.
Cabe destacar que a apoloxía en privado non supón un acto ilícito. Si, ao ver esa mesma noticia dos terroristas que matan a un político, un home coméntalle á súa muller que se trata dunha acción “digna de aplaudir e imitar”, o comentario poderá ser repudiabel desde a ética, pero non constitúe delito xa que se realizou na esfera privada desa familia.
A Código Penal tipifica a apoloxía  e o respecto di o seguinte:
Artigo 18
1. A provocación existe cando directamente incítase por medio da imprenta, a radiodifusión ou calquera outro medio de eficacia semellante, que facilite a publicidade, ou ante unha concorrencia de persoas, á perpetración dun delito.
É apoloxía, aos efectos deste Código, a exposición, ante unha concorrencia de persoas ou por calquera medio de difusión, de ideas ou doutrinas que enxalcen o crime ou enaltezan ao seu autor. A apoloxía só será delituosa como forma de provocación e si pola súa natureza e circunstancias constitúe unha incitación directa a cometer un delito.
2. A provocación castigarase exclusivamente nos casos en que a Lei así o prevexa.
Si á provocación seguise a perpetración do delito, castigarase como indución.
Ensalzar significa, engrandecer exaltar, e enaltecer  e o mesmo que “aupar”, eloxiar, honrar. E agora imos o artigo en cuestión feito polo noso veciño José Pepe, como vedes empeza o mesmo dicindo “Vaya por delante mi absoluto respeto a las mujeres en general y a las víctimas de la violencia en particular, y que no considero personas a quienes cometen actos de vejación, abuso y muerte en aquellas con las que comparten o han compartido sus vidas o parte de ellas”. Lembrádesvos daquel "latinazgo" que di “Excusatio non petita, accusatio manifesta” , desculpa non pedida, culpa manifesta, pois parece que a primeira parte do artigo vai nese senso, pero despois ven o “gordo”: "Pero también hay que valorar el maltrato que existe por parte de mujeres que con actitudes aviesas o recriminatorias producen en el varón desencanto y pérdida de estima, ya porque está sin trabajo o porque su salario no satisface todas las apetencias de la esposa o compañera. El individuo que cometió el, hasta el momento de redactar este texto, último crimen, en Torrelaguna, declaró que su mujer “le amargaba la vida”, y aunque no sirva de atenuante hay que valorar ciertos comportamientos femeninos que a diario suponen reproches y acusaciones que abruman y causan zozobra en el varón que se deprime y angustia llegando a morir, no por un hachazo o un tiro, sino por impotencia al no admitir como solución la comisión del asesinato de la persona que, en definitiva, ama.”
Coidamos que tedes agora todos elemento de xuizo, agora  vos xulgaredes se hai ou non apoloxia do delito, se ha houbera  o Ministerio Fiscal poderia actuar de oficio.
Lémbranos o artigo do amigo José Pepe un anuncio de certa marca de coñac en TVE dos anos sesenta,  no que o marido lle espetaba “unha ostia” en toda a cara a muller, e na época víase como normal, aquí tedes o anuncio en cuestión, por favor miralo enteiro non ten desperdicio: 




O administrador deste blog por tachar a vicepresidente do goberno como "Chochito de oro",  a caverna mediática de dereita, chamoulle entre outras cousas "misoxeno e machista".  Non dicimos máis.
Para os que non sexades de Cambados,  dicir que José Pepe foi oficial do concello de Cambados, actuando en moitos periodos como Secretario do Concello por non haber titular, ademais foi nomeado en varias ocasións interventor ou apoderado en diversos comicios electorais polo Partido Popular, e na actualidade está xubiliado i é articulista no Diario de Arousa, artigos todos que sean en defensa ou loan  o Partido Popular.

Ningún comentario: