ANOVA DEIXA CO CU O AIRE TANTO O ALCALDE LUIS ARAGUNDE COMO A BEA COSTA, PERIODISTA DA VOZ.
O CONCELLO DE CAMBADOS SOLICITOU
PERMISO PARA TALAR ÁRBORES EN QUINTÁNS O MESMO DÍA QUE ANOVA DENUNCIOU AS OBRAS.
Medio Ambiente abre expediente ao Concello de Cambados pola tala das árbores en Zona de
Protección Especial e a actuación tampouco se axusta á Ordenanza urbanística reguladora desa zona.
ANOVA quere volver insistir en demandar do Alcalde e do equipo de goberno do Concello de Cambados explicacións polo miúdo sobre a obra
que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de Quintáns, en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que dá acceso a varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así como talas de árbores.
Logo de que a semana pasa pasada o propio Alcalde nos contestara en prensa dicindo que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación correspondente, a día de hoxe os de ANOVA seguen á espera da mesma.
Onde si puideron comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, e comprobaron como o Concello de Cambados solicitou permiso para asfaltar un camiño, e como Medio Ambiente non aceptou o asfaltado e concedeu permiso unicamente para facelo con xabre.
Pero o máis curioso é comprobar como o mesmo día no
que a Agrupación de ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presenta os escritosno Concello e perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, advertindo das obras e da tala de árbores, o Concello de Cambados solicita por escrito a tala das árbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.
![]() |
| Luis vaise "cagar pola patita" |
![]() |
| Vai facer un carro coa madeira |
Ese é o xeito de actuar dun Concello? A institución que debe velar pola legalidade urbanística, que lles esixe aos veciños permisos e documentación en regra, actúa coa política de xeitos consumados "primeiro cortamos as árbores e logo cando alguén denuncia, corremos a pedir o permiso". Para máis detalles, o permiso solicitado é
para a tala de 8 árbores (3 eucaliptos e 5 piñeiros) cando, pola contra, en Medio Ambiente constan máis de 30 piñeiros cortados. Ademais de constar no informe a tala de eucaliptos e tamén carballos e salgueiros, que nunca contarían co permiso de Medio Ambiente para a súa tala, xa que son árbores autóctonas que ademais están
nunha zona na se atopa unha masa Salgueiral moi escasa na Zona de Protección Medioambiental e polo tanto única, como así nolo trasladaron dende a delegación de Medio Ambiente. En ANOVA teñen coñecemento da apertura dun expediente sancionador por parte de Medio Ambiente contra o Concello de Cambados por esta actuación.
![]() |
| Para quen é a madeira cortada? |
nunha zona na se atopa unha masa Salgueiral moi escasa na Zona de Protección Medioambiental e polo tanto única, como así nolo trasladaron dende a delegación de Medio Ambiente. En ANOVA teñen coñecemento da apertura dun expediente sancionador por parte de Medio Ambiente contra o Concello de Cambados por esta actuación.
A maiores desta cuestión ambiental, hai que indicar tamén
que esta actuación non estaría permitida tampouco pola propia Ordenanza Municipal en vigor do PXOM de Cambados que regula estes terreos, e que prohíbe expresamente nas zonas de arborado inmediatas á costa a tala de árbores (Ordenanza 12, apartado 4 de Conservación Protección de costas, praias e elementos costeiros).

É por todo isto polo que dende ANOVA - Cambados queren volver esixir a paralización das obras mentres non se resolva o expediente sancionador e se aclare se esta actuación cumpre coa normativa urbanística
en vigor e a legalidade vixente.
en vigor e a legalidade vixente.
Finalmente, sobre as declaracións de Luís Aragunde de "se ANOVA quere apoiar ou non a Cultura", querenlle dicir que lles parecen de moi baixo calado e que incluso a cultura ten que cumprir a legalidade.
Este alcalde e o PP debían ser os menos indicados para opinar sobre cultura cando non foron capaces nin de organizar nin de apoiar unha programación completa para celebrar o Centenario de Cabanillas, claro que igual a cultura e ideas de Cabanillas son máis molestas cás doutros artistas...
Ata aqui a noticia de ANOVA, a nos o que nos gustaria
saber é o que vai dicir a peridista “POPULAR” Bea Costa o saber isto, a ver que nos saca esta vez da sua “cabesiña” a peculiar periodista. Ela publicara, sen ver os permisos e sen encomendarse nin a Deus nin o demo, decindo que o Concello de Cambados tiña permiso para a tala cando realmente non era así, pero o que diga Luis Aragunde "vai a misa".

Ningún comentario:
Publicar un comentario