18 de dec. de 2013

DESPOIS DE SEU PASO POLA TVG , “OS XEITOSIÑOS” NA “HORA GALEGA” DO BALOCA

A PARTIR DAS ONCE DA NOITE O 27 DE DECEMBRO
Como sabedes dende fai catro meses o Café Bar Baloca,
sito na Praza de Alfredo Brañas de Cambados, ven facendo o que deron en chamar a “HORA GALEGA” os derradeiros venres de cada mes, que non ven ser mais que realzar a nosa cultura, os nosos instrumentos e noso xantar,  e despois da actuación do quinteto Vendavalada de Cambados e das pandereteiras
“Bulideiras” de Fontecarmoa, chegan agora un dos mellores grupos de gaiteiros da nosa vila e da zona de Arousa e co tempo de Galicia, nin mais nin menos que en rigoroso directo na hora galega “Os Xeitosiños” de
Cambados, Roi, Miguel, Victor e Anxo farannos as nosas delicias nesta “Hora Galega” do Nadal.  O seu estilo é depurado, fino, tradicional , non en vano teñen de mestre ao mellor gaiteiro de Galicia, a Xaquín Xesteira. O vindeiro venres 27 de Decembro a partir das once da noite
“os xeitosiños” darán conta de gran parte do seu repertorio que é moi abundante.
Este grupo  naceu no 23/07/09 na casa da avoa de Anxo e Roi, na  Rúa Isabel II de Cambados,. Anxo o gaiteiro e Roi o
gaiteiro e bombeiro,  xuntáronse con Víctor o tamborileiro e Miguel o bombeiro e gaiteiro.Os catro tamén forman parte da Banda de Castrelo coa percusión e solos Anxo e Roi tamén están na Banda Municipal de Ribadumia.
Pese a súa idade son uns experimentados gaiteiros e xa
teñen actuados en moitos lugares de nosa zona en festas e romarías, e incluso xa chegaron a gravar un programa na TVG  que se emite precisamente un día destes. 
A “Hora Galega” marcha e o día 27 esperamos contar coa vosa presencia neste evento, pero ollo a "festa"empeza moito antes  con actuacións varias de xente afeccionada.

Ningún comentario: