POLA TV.UVIGO.ES “DANZAS BRANCAS”
Hoxe a partir das 20.30 horas podes seguir en directo o Concerto no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo que acolle hoxe (20.30 horas) o estreo mundial de "Danzas Brancas", o cuarto disco da prestixiosa Orquesta Folk Sondeseu. Premendo na SEGUINTE LIGAZÓN http://tv.uvigo.es/gl/directo/1.html accedes directamente ao concerto en vivo e en directo.
A orquesta folk presenta o seu cuarto disco hoxe en Vigo acompañada do acordeonista Kepa Junquera, o violonchelista Rushad Eggleston e a asociación Ou Fiadeiro
.O concerto “que forma parte da programación cultural da Universidade de Vigo” promete ser moi especial, xa que contará coa presenza do violonchelista Rushad Eggerson, o acordeonista vasco Kepa Junquera que interpretará un só, a "Rumba de Marcial" e "Barcia de Mera", e a Asociación Ou Fiadeiro, que recreará a danza das espadas tan tradicional en lugares como Redondela.
A formación Sondeseu conta con máis de corenta instrumentistas e interpretan temas propios de Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Rodrigo Romani., O novo disco publícase da man de Fol Música e reinterpreta o patrimonio das danzas gremiales galegas.
O director da Fundación Sondeseu, Xaquín Xesteira, asegura que será unha gala chea de "música, emoción e luz". Sobre o violonchelista Eggleston, Xesteira asegura que é "un espectáculo en si mesmo".
A cita require invitación que se poden recoller na Vicerrectoría de Extensión Universitaria do campus de Vigo (Edificio Miralles), pero tamén será retransmitida vía streaming pola primeira canle de UVigoTv.
Este concerto supón ademais a pechadura do ciclo Outono Fiddle, un ciclo de concertos e clases magistrales de violín tradicional e chelo, organizado pola Asociación Galicia Fiddle ?unha organización sen ánimo de lucro que xurdiu en 2010 en Vigo en torno ao aula de violín da ETRAD (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo) que deu cita a algúns dos músicos máis prestixiosos do panorama internacional neste estilo.




Ningún comentario:
Publicar un comentario