UN ARTIGO DE FER PIÑEIRO PAZOS.
Non vou negar nin afirma-la existencia do alcol de garrafón, mais na miña experiencia como 'barman' durante uns poucos anos sí podo asegurar que nin
traballando para Ernesto Fernandez Garcia xunto a Mayte nin posteriormente na miña fugaz aventura como propietario dun local de copas nin tampouco nos meus últimos anos tra-la barra do Rif Rock Cambados vin unha botella susceptible de ser tan sequera considerada sospeitosa de ser de 'garrafón'.

Sempre fun máis partidario da teoría do lava vaixelas, i é que non todo o mundo sabe que un vaso recen saído destes electrodomésticos e servido cáseque de inmediato debido ás urxencias por
aglomeración de clientes contén trazos de sosa procedentes do xabón e o abrillantador que provocan reaccións e síntomas no corpo coma os que se describen despois de beber alcol de baixa calidade.
aglomeración de clientes contén trazos de sosa procedentes do xabón e o abrillantador que provocan reaccións e síntomas no corpo coma os que se describen despois de beber alcol de baixa calidade.
Hai outra teoría válida que non é outra que, se bebes 10 'cacharros', non descansas o suficiente e ademais comes mal, qué queres que che digha...!!!
Un artigo de FER PIÑEIRO PAZOS a próposito de un artigo sobre o alcol de garrafón publicado en EL DIARIO

Ningún comentario:
Publicar un comentario