CONCRETAMENTE NO CAMPO DA SECA, UN CAMIÑO DE PASO PARECE UN RIO.
O pasado 14 de decembro o periódico La Voz de Galicia e mais concretamente a periodista cambadesa Bea Costa,
titulaba “Cambados estrea a súa pista de”. A nova remataba dicindo que “estas obras supuxeron un investimento de 35.000 euros dentro dun proxecto conxunto financian Concello e Deputación de Pontevedra”. Resulta que aínda non van dous meses deste esperpento de parque biosaúdabel cando un portal de facebook “Cambados un
sitio de Leyenda” que administra Manuel Oubiña Molanes acaba de “colgar” unhas fotos denuncia que amosa o lamentable estado deste “peculiar” parque. Unhas fotos que mostran moi ben as claras que non se fixeron ben as cousas, e mais que se fixeron mal e que ao mellor non se inverteron todos os cartos que dicía a mentada periodista cambadesa nese medio. O citado portal dicía
concretamente “as obras que se fixeron no campo das festas de Corvillón cada vez que chove se inunda,a xente de Corvillón vese obrigada a non pasar por alí os dias de choiva,o problema e que cando para de chover todo segue inundado un ou dous dias,esperemos
que alguén faga algo,despois pasa o que pasa;que ten que vir a TVG a Corvillón e a algúns individuos lle parece mal, por avisar que non sexa”.
titulaba “Cambados estrea a súa pista de
Sobre isto, a administración deste blog son ten que dicir dúas cousas; a primeira parabéns a Marcial por esta denuncia e segundo, esperamos que o citado periódico a citada periodista se fagan eco deste novo desmán de Luís Aragunde.





Ningún comentario:
Publicar un comentario