OS MOZOS E MOZAS SOCIALISTAS PARTICIPARON NA MANIFESTACIÓN PARA DENUNCIAR A MARXINACIÓN DE PONTEVEDRA E A ÁREA DO SALNÉS XUNTO CON SOS SANIDADE PÚBLICA
O Secretario Xeral alertou de que “este é só o comezo dun desmantelamento progresivo da sanidade pública que
Feijóo e o Partido Popular teñen planeado para toda Galicia”
Feijóo e o Partido Popular teñen planeado para toda Galicia”
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participan nas mobilizacións destes días organizadas pola plataforma SOS Sanidade Pública despois de que “Feijóo e a Conselleira de Sanidade
modificaran a distribución dos hospitais aos que se envían aos pacientes de Vigo, Pontevedra e o Salnés”. “Esta medida persigue a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago que encarece os gastos dos pacientes á hora de recibir atención sanitaria”.
modificaran a distribución dos hospitais aos que se envían aos pacientes de Vigo, Pontevedra e o Salnés”. “Esta medida persigue a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago que encarece os gastos dos pacientes á hora de recibir atención sanitaria”.
Segundo o Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, “isto supón un novo obstáculo que Feijóo coloca no desenvolvemento dunha sanidade pública galega de calidade, en forma de recortes, xubilacións forzosas, reducións de profesionais, fondos e prestacións xunto coa privatización de centros como o Novo Hospital de Vigo”.
Dende a Organización alertaron de que “esta situación de
marxinación da área de Vigo, O Salnés e Pontevedra provoca incomodidade e un aumento do custo económico para os pacientes que non queren ter o Hospital de Santiago como centro de referencia, senón un hospital público único en Pontevedra e dotado de todos os servizos”.
marxinación da área de Vigo, O Salnés e Pontevedra provoca incomodidade e un aumento do custo económico para os pacientes que non queren ter o Hospital de Santiago como centro de referencia, senón un hospital público único en Pontevedra e dotado de todos os servizos”.
Bouza lembrou que “ademais de mobilizarnos contra a particular situación desta área de poboación, estas manifestacións tamén serven para lembrarlle ao Partido Popular que seguimos en loita en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade”.
O Secretario Xeral das XSG concluíu engadindo que “medidas como o copagamento dos fármacos dispensados nas farmacias dos hospitais ou a negación da sanidade a emigrantes retornados supoñen retallos inaceptables”. “Feijóo e o Partido Popular deben rectificar antes de producir a quebra definitiva do Estado do Benestar”.
Neste senso, o Secretario Xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, quixo destacar a discriminación que sofren os veciños da área sanitaria do Salnés, na que está Cambados. Trátase dun ataque máis da Xunta de Galicia en política de sanidade, que se suma á eliminación da area sanitaria do Salnés e a súa integración na de Pontevedra.
Ismael Agra denuncia que os veciños de Cambados veranse moi afectados trala decisión da Xunta de Galicia de ter o Complexo Hospitalario de Santiago como centro de referencia e non un Hospital con todos os equipamentos necesarios en Pontevedra. Isto, na práctica, supoñerá un desprazamento a ese hospital, co conseguinte gasto tanto económico como de tempo.
Xuventudes Socialistas de Cambados
Rúa Borrón 11, 1ºEsquerda
36630 Cambados.
FOTOS: PONTEVEDRA VIVA.




1 comentario:
Si todo mundo dispuxera de coche oficial, chofer e ningún obstáculo para elexir hospital sería cojonudo, pero a realidade é que somente Feijoo e os seus adláteres se benefician de semellantes prestacións mentras os cidadáns que " a están aguantando" teñen que ver como estes iluminados están facendo ainda mais categorías na escala social (dende os "cheíñas" os "cupópteros trepas") e dinamitando os poucos dereitos que tíñamos na saude.NON TEÑEN DECENCIA, a ver si é certo o refrán de que cada porco ten o seu San Martiño.
Publicar un comentario