COMENTADA NESTE BLOG O DOCE DE AGOSTO PASADO.
O novo equipo directivo da Confraría de Cambados está claro que ten outra forma de traballar co anterior, e non lle doen prendas en presentar as denuncias
correspondentes contra quen proceda, como acaba de facer cun verquido que tivo lugar nas Touzas de San Alberto preto de Tragove, e que este blog xa denunciado o 12 de agosto pasado en exclusiva grazas a un mariñeiro que nos facilitou unha fotografía reveladora
da mortandade do marisco na zona.
correspondentes contra quen proceda, como acaba de facer cun verquido que tivo lugar nas Touzas de San Alberto preto de Tragove, e que este blog xa denunciado o 12 de agosto pasado en exclusiva grazas a un mariñeiro que nos facilitou unha fotografía reveladora
Foto facilitada pola confraria. |
Ruperto Costa di que estase a causar un dano cree que irreparable na zona e que agora quen ten que actuar é o Seprona e a Xustiza. Segundo o novo patrón maior, dous navalleiros que mergullaban na zona a pulmón descubriron o terrible escenario. A mortandade afecta a navallas, vieiras, ameixas, ate miñoca é vítima deste perverso verquido.
Xa no 2007 o que foi predecesor deste blog, o blog de Unha Grande Chea, publicou dous vídeos anónimos onde se podía ver perfectamente como cerca da zona verquía o emisario submarino este moi preto das costas cambadesas, construído polo PP, para o E.D.A.R. (Estación Depuradora de Aguas Residuas), virtía o mar cada dia miles de litros de agua presuntamente non limpa de todo e cabia a posibilidade remota de que poidera contaminar a zona. Obra faraónica do PP, que coma todas normalmente non serven para nada. Non queremos dicir nos que isto sexa a causa de mortandade denunciada pola Confraría, iso teno que pescudar o Seprona en todo caso, pero que casualidade que este sumidoiro vertia preto de lugar onde se atopou está gran mortandade de marisco. A Confraría pon a disposición do Seprona vídeos e fotografías submarinas realizadas no lugar, estes días.
Aquí vos deixamos dous vídeos realizados no 2007, época na que gobernaba na confraría Benito González e que ao parecer non fixo nada ao respecto, no sumidoiro en cuestión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario