Foto: dIARIO DE aROUSA (n.c.a.) |
A PROPÓSITO DUN ARTIGO QUE MIGUEL PUBLICOU NESTE BLOG TITULADO “UNHA CHARLA SACADA DA CAVERNA DE INTERFACHANOMIA”.
O día 28 de xuño pasado Miguel Pérez Osorio, publicou un artigo neste blog titulado “UNHA CHARLA SACADA DA
CAVERNA DE INTERFACHANOMIA”, a propósito dunha charla organizada por Nestor Blanco en Exposalnés en Cambados.
Miguel Pérez Osorio |
Nestor Blanco diríxese a nos co obxectivo de contestarlle e de seguido reproducimos a súa contestación:
“Ola amigos, son Néstor Blanco.
Escríbovos porque lin unha publicación que foi subida ao blog A TI MEU CAMBADOS por parte dun tal Miguel Pérez Osorio, na que fai unha crítica ao debate que eu propuxen en relación á Lei de Violencia de Xénero. O que di este mozo é unha auténtica barbaridade, non ten a máis mínima idea de nada, ¡¡non entendeu nada!!, compara a Prado Esteban Diezma, (unha militante de CNT) coa xente de "Interfachonomía".
O debate foi ¡¡¡CONTRA O PP!!! Parece que este mozo non se deu conta, xa que se levantou e foise antes de que comezaren os relatorios da xente do PP. O debate foi contra o PP porque o PP defende a Lei de Violencia
de Xénero, e tanto Prado Esteban Diezma como eu, a cuestionamos.
de Xénero, e tanto Prado Esteban Diezma como eu, a cuestionamos.
Dado que eu pronúnciome a favor da liberdade de expresión absoluta, por suposto que non condeno esa publicación, pero si pido por favor que se me permita preparar unha réplica ás palabras deste rapaz e que ma subades ao blog, porque me está facendo quedar como un facha, e nada pode estar mais lonxe da realidade.
Ben, logo dun gran traballo de edición, xa está terminado o vídeo do debate sobre a Lei de Violencia de
Xénero, que se celebrou en Exposalnés o mes pasado. Aquí está o famoso "ritual da caverna de Interfachonomía" polo que fun acusado de fascista e machista, para que todos poidádelo ver e compartir. A intervención de Prado Esteban Diezma é moi pero que moi interesante. É a primeira das ponentes.
Foto: Diario de Arousa (Gonzalo Salgado) |
Agradeceríache que o colgases no blog "A ti meu Cambados", porque creo que é un tema moi de actualidade e sobre o que hai moito que discutir. Por suposto, que queda ao teu criterio o feito de facelo ou non.
Néstor Blanco.”
De seguido publicamos o vídeo en cuestión que nos foi facilitado por Nestor:
Ningún comentario:
Publicar un comentario