DECRETO ILEGAL DE LUÍS ARAGUNDE SEGUNDO OS TITULARES DA POLICÍA LOCAL. DANLLE CINCO DÍAS A ARAGUNDE PARA QUE CORRIXA O DECRETO.
Si xa as cousas andaban quentes no concello de Cambados, e non só polo tema da Policia Local senón por
outros temas, a decisión derradeira do Alcalde de nomear a un Policía Local interino, contra o cal obviamente nos non temos absolutamente nada, acaba de prender lume no Concello. En Cambados, dende que existe a democracia, antes non eran Alcaldes eran delegados gobernativos, houbo alcaldes moi bos (que nos lembremos un só), regulares e malos e diriamos nos tamén moi malos, neste categoría e onde Aragunde coas súas decisións estase a facer un sitio con letras de latón. A decisión é ilegal a todas luces segundo gran parte da Policía Local e os sindicatos que a apoian. O nomeamento débese porque o que está realizando as funcións Padin Cortegoso colleu un mes de vacacións. A Policía Local, dálle un prazo de CINCO DIAS a Aragunde para corrixa o decreto en cuestión, senón tanto membros da Policía Local como os sindicatos que os apoian, están dispostos a denunciar a Luís Aragunde perante os Tribunais de Xustiza e órganos administrativos correspondentes. Coidamos que neste "loita", BNG e PSOE, tambén debian de pronunciarse ao respecto, como xa fixeron solidarizándose cos traballadores da piscina, coidamos que os Poilicias Locais tamén o necesitan.

LUÍS ARAGUNDE CUESTIONADO POLOS SEUS PROPIOS SEGUIDORES E EMPREGADOS MUNICIPAIS
Como en todo dentro da Policía Local, cando Luís Aragunde tomou posesión como Alcalde había xente que era
admiradora súa (en realidade porque non o coñecían ben), pero co tempo e os seus actos o propio Aragunde puxo en contra a xente que antes o admiraba, dilapidou todo o seu crédito.

Tamén temos coñecemento de que un alto cargo administrativo do Concello, designado polo propio Aragunde está a ser "cuestionado" dentro do concello por razóns políticas, o problema e que segundo nos dixeron fontes do concello e que aínda que Luís Aragunde o quere botar fora, esta persoa con diversa copia de documentación que ao parecer obra no seu poder ten a Aragunde “atado” e ben “atado”, parafrasean a aquel centurión romano “Unha palabra deste asesor bastara para fastidialo"”.
As mesmas fontes do Concello tamén nos din que Luís está nunha situación bastante delicada, no concello ao parecer están a pasar cousas moi graves, segundo nos dixeron estas fontes dúas funcionarias moi importantes acaban de pasar polo xulgado a prestar declaración como testemuñas por un presunto delito de estafa, e o parecer o próximo en comparecer será o propio alcalde, as citadas fontes non nos puideron, polo de agora aclarar mais cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario