OS ALUMNOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, AINDA QUE CUMPRAN OS REQUISITOS DA ORDE DE 28/05/14 NON VAN TER O SEU MATERIAL A PRINCIPIO DE CURSO
Hoxe, ao contrario do que teño por norma, quero facer publico o que vivín na oitava planta do edificio de
Campolongo... REUNION CO DELEGADO DE EDUCACIÓN CÉSAR PÉREZ ARES.
César Pérez Ares. |
O motivo desta reunión é solucionar o vacio legal da Orde do 28 de maio do 2014 para a adquisicion de libros de texto.
Isto, que a primeira vista pode parecer sinxelo... non o é tanto... A Orde, estamos todos, ou case todos, de acordo en que é moi clara ao respecto, teñen dereito ao cheque escolar todos aqueles alumnos que cumpran “X” requisitos especificados en dita Orde. Pero si o alumno non
utiliza os libros de texto que aparecen no seu "vale", ten un problema. Este é o caso de moitos alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Estes alumnos que utilizan metodos educativos diferentes, e materiais diferentes... non van ter o seu material a principio de curso, aínda que cumpran todos os requisitos para poder recibir o cheque.

Todos botariamos as mans á cabeza si a un alumno con discapacidade visual total ou parcial, danlle para estudar un libro... como o podería ler? Pois esta é a situación dantesca de moitos alumnos, que teñen diferentes
tipos e grados de discapacidade.
tipos e grados de discapacidade.
Bo, pois con isto debaixo do brazo presentámonos ante César Pérez Ares... e o seu grupo de asesores... Unha asesora xurídica, un membro do equipo de Orientación específico, un inspector e un director dun centro ordinario da zona, xa de entrada si era tan sinxelo de
explicar que non había realmente ningún problema... non entendo para que facía falta tanta xente... despúes entendin que fixese falta moita xente para explicar o inexplicable...o que sigo sen entender é para que había asesores si o delegado non tiña intención de facerlles nin “puto” caso... Porque todos e cada un deles recoñeceu o baleiro da Orde... pero o Delegado pasouse hora e media dandolle voltas... houbo un momento que tiven a impresión de que nos daba a razón... Pero entre o ton e as formas cheguei á conclusión de que non era así... Parba de min!!!

Perdémosnos dando voltas en torno aos terminos educación especial, necesidades educativas especiais e apoio educativo... Creo, que para conseguir que os que alí estabamos
dudasemos da nosa razón. Tantas, tantas voltas lle deu... que ao final eu xa non se si a miña filla é ou non é unha alumna con necesidades educativas especiais, ou si é un cesto sen aro...
dudasemos da nosa razón. Tantas, tantas voltas lle deu... que ao final eu xa non se si a miña filla é ou non é unha alumna con necesidades educativas especiais, ou si é un cesto sen aro...
O que si teño claro, tamén o tiña antes de entrar á reunión, é que o Delegado non ten competencias, nin interese, para solucionar nada, e eu non teño competencias nin interese para deixarme dar polo cu e dar as grazas...
Polo cal este culebrón seguirá en antena...
No seguinte capitulo... "...de como na Consellería de Educación, ou onde sexa, dinnos que todo se arranxará cun Decreto que non chega.."
NICOLETTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario